Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA PARTICIPOU NA MESA DE TRABALLO PARA ANALIZAR A SITUACIÓN DA COMARCA E URXIR MEDIDAS PARA FREAR O DESMANTELAMENTO DO EMPREGO
Marián Ferreiro incidiu na necesidade de propoñer accións concretas e buscar o compromiso das administracións supramunicipais con competencias na materia
Narón, 9 de febreiro de 2021. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, participou esta mañá na Mesa de traballo comarcal na que tamén estiveron presentes representantes políticos doutros concellos da comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal, do Ministerio de Transición Ecolóxica, da Subdelegación do Goberno, da Xunta de Galicia, das asociacións empresariais AJE, COFER e AEF e dos sindicatos CCOO, CIG e UGT. Na xuntanza, que se prolongou durante case dúas horas, os asistentes coincidiron na urxencia de frear o desmantelamento do emprego na comarca. A situación de numerosas empresas da zona púxose sobre a mesa e tamén a que padecen outros sectores como o pesqueiro e infraestruturas vencelladas ás comunicacións terrestres. Todos os participantes amosaron a disposición de colaborar para urxir solucións a esta grave problemática, incidíndose na necesidade de que tanto o goberno autonómico como o central se impliquen ao máximo e tomen as decisións oportunas para blindar o emprego na comarca. Dende os gobernos locais demandáronse “accións concretas” e unha “folla de ruta” para trasladar ás administracións supramunicipais a problemática existente e urxir respostas e solucións. Nesta mesma liña se manifestou a alcaldesa da cidade, que requeriu na xuntanza desta mañá que se marcasen “as accións a seguir de aquí en diante porque todos coincidimos en que a situación desta comarca é moi grave e, polo tanto, urxe tomar as medidas que permitan frear esta situación e buscar o compromiso das administracións con competencias nesta materia”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal