Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA PARTICIPOU HOXE NA "XXIX ASEMBLEA XERAL DO EIXO ATLÁNTICO" CELEBRADA VÍA TELEMÁTICA
A ALCALDESA PARTICIPOU HOXE NA
Marián Ferreiro destacou a importancia de continuar traballando dende este organismo para impulsar novos investimentos e financiación para saír da crise derivada da Covid-19
Narón, 10 de febreiro de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, participou esta mañá vía telemática na XXIX Asemblea Xeral do Eixo Atlántico, na que entre outros asuntos se realizou un balance da xestión e das contas do ano 2020 e tamén se presentou o programa e o orzamento desa anualidade. A reunión estivo presidida polo máximo responsable do Eixo Atlántico, Ricardo Río e na mesma participaron representantes das cidades de Galicia e do norte de Portugal que integran este organismo.
A alcaldesa destacou a importancia de “continuar traballando dende este organismo para impulsar novos investimentos e maior financiación para que os concellos poidan avanzar na saída da crise económica derivada da pandemia pola Covid-19”. Ferreiro recalcou que “dende o pasado mes de marzo afrontáronse dende os concellos importantes gastos destinados a medidas hixiénicas e sanitarias de prevención da Covid-19 e tamén foi preciso reforzar a atención ás persoas máis vulnerables, polo que agora é o momento de que os concellos dispoñan dunha maior financiación para poder superar tamén as consecuencias desta grave crise”.
Así mesmo a alcaldesa de Narón incidiu na importancia de “continuar apostando pola diversificación, polos investimentos no sector turístico e por impulsar e reclamar todo tipo de infraestruturas como o corredor atlántico ferroviario para vertebrar o territorio”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal