Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA RECIBIU NO CONCELLO A CARLOS SORIA, NOVO COMISARIO DO CORPO NACIONAL DA POLICÍA
A ALCALDESA RECIBIU NO CONCELLO A CARLOS SORIA, NOVO COMISARIO DO CORPO NACIONAL DA POLICÍA
Marián Ferreiro e Carlos Soria mantiveron unha primeira toma de contacto nunha reunión na que tamén estiveron presentes o concelleiro de Seguridade Cidadá e SPEIS, Román Romero, e o xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita
Narón, 11 de febreiro de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu a recepción ao novo comisario xefe da Policía Nacional na Comisaría de Ferrol-Narón, Carlos Soria. O acto tivo lugar hoxe no despacho da Alcaldía e no mesmo estiveron tamén presentes o concelleiro de Seguridade Cidadá e SPEIS, Román Romero, e o xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita.
Ferreiro deu a benvida ao novo responsable da Comisaría de Ferrol-Narón e trasladou a importancia de manter a coordinación existente entre os diferentes Corpos de Seguridade tal e como se vén facendo e destacou o traballo que se realiza neste ámbito dende a citada comisaría. A alcaldesa da cidade aludiu, a modo de exemplo, ao traballo desenvolvido conxuntamente para levar a cabo tarefas derivadas do control da pandemia pola Covid-19, como o control dos perímetros, o reparto de máscaras no transporte público… “que foi posible precisamente grazas a esa coordinación entre a Policía Nacional e Local e que contou tamén co respaldo da Garda Civil en determinadas actuacións”.
A reunión foi unha primeira toma de contacto na que a alcaldesa e o comisario intercambiaron unhas valoracións iniciais sobre a cidade e que Ferreiro tamén aproveitou para reiterar o ofrecemento da colaboración do Concello.
Carlos Soria substitúe no cargo a Jorge Rubal, excomisario de Ferrol-Narón e que o pasado ano cambiou de destino ao ser nomeado xefe da Unidade do Corpo de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal