Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO TRAMITA AS SOLICITUDES PARA ACCEDER A DECODIFICADORES DA TDT
A medida está dirixida a colectivos en risco de exclusión
Narón, 28 de Agosto de 2009.- O Concello de Narón ven de anunciar a sua colaboración coa Secretaría Xeral de Comunicacións e para a Sociedade da Información do Ministerio de Industria, no programa de cesión de decodificadores de Televisión Dixital Terrestre (TDT) para colectivos en risco de exclusión.

Trátase dun programa estatal ó que poden acollerse os municipios afectados polo cese de emisións de televisión analóxica de centros da Fase I, entre os que se atopa Narón. Por este motivo, dende o Concello se tramitarán tódalas solicitudes para conquerir os equipos, que serán entregados posteriormente ós seus destinatarios, por un prazo de 4 anos, segundo establece o Ministerio de Industria.

Para acceder á cesión dun decodificador de TDT é necesario cumprir un destos requisitos: ter 65 anos ou máis e unha dependencia recoñecida de grado II ou III; ter un grado de discapacidade auditiva ou visual do 33% ou superior ; ou ter máis de 80 anos e vivir só, ou ben acompañado doutra persoa tamén maior de 80 anos.

Aqueles que se atopen nestos grupos poden dirixirse á 5ª pranta do Concello (departamento de Novas Tecnoloxías) onde deberán cubrir a correspondente solicitude, e achegar a seguinte documentación:

-Documento nacional de identidade (DNI) do beneficiario
-Documento no que conste o domicilio do beneficiario (pode ser o DNI, un certificado de empadronamento, ou unha factura de auga, gas, electricidade, etc...)
-Orixinal e copia do documento que acredite o grado de dependencia ou discapacidade, emitido pola Xunta de Galicia.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal