Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE "LIMPEZA DE ESPAZOS ABERTOS E INSTALACIÓNS NATURAIS" QUE SE IMPARTIRÁ EN CERCEDA
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou que as persoas ás que se dirixe a convocatoria poden anotarse ata o vindeiro 3 de marzo no Concello
Narón, 17 de febreiro de 2021. A Deputación da Coruña convoca un curso de “Limpeza de espazos abertos e instalacións industriais”, do itinerario de Seguridade e Medio Ambiente, enmarcado no Plan de Emprego Local. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, explicou que o curso se levará a cabo no municipio de Cerceda e apuntou que as persoas interesadas en anotarse poden facelo ata o vindeiro 3 de marzo (ás 13.30 horas) no Concello naronés, concretamente na oficina da Técnica de Emprego, no entrechán. Esta acción formativa diríxese a persoas menores de 30 anos e desempregadas que estean empadroadas nalgún concello da provincia da Coruña de menos de 50.000 habitantes. Nas bases especifícase tamén que non se esixen requisitos académicos e/ou profesionais para o acceso a este curso, con certificado de profesionalidade nivel 1. O curso inclúe unha parte práctica que se desenvolverá nos centros de traballo donde se ubiquen as empresas e/ou entidades públicas da contorna que se adhiran a este itinerario e formalicen un acordo de prácticas. A selección do alumnado que cumpra os requisitos basearase tamén na realización de entrevistas persoais seguindo uns criterios previamente establecidos. As persoas que realicen o curso aprenderán a realizar labores de limpeza de espazos abertos, instalacións e equipamentos industriais empregando os medios, útiles e vehículos de tonelaxe inferior a 3.500 quilogramos, axeitados a cada espazo e/ou equipamento para acadar a consecución dun óptimo nivel de limpeza, hixiene e ornato, tal e como se indica dende a Deputación da Coruña. Así mesmo, apuntaron que este posto de traballo se atopa “entre as profesións con máis crecemento interanual nos niveis de contratación na provincia da Coruña”. Para obter máis información pódese chamar ao número de teléfono: 981 337 700 (Extensión 1123) ou consultar a páxina web: https://emprego.dacoruna.gal/.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal