Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ADQUIRIRÁ UNHA PARCELA PARA CONSTRUÍR UNHA EDAR E INICIAR A PRIMEIRA FASE DA INSTALACIÓN DO SERVIZO DE SANEAMENTO NA PARROQUIA DE DOSO
O CONCELLO ADQUIRIRÁ UNHA PARCELA PARA CONSTRUÍR UNHA EDAR E INICIAR A PRIMEIRA FASE DA INSTALACIÓN DO SERVIZO DE SANEAMENTO NA PARROQUIA DE DOSO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, avanzou que a empresa Cosma realizará un estudo sobre o custe de construción das instalacións e da extensión do colector para poñer a funcionar a nova EDAR
Narón, 22 de febreiro de 2021. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, anunciou hoxe o inicio dos trámites precisos para dotar de saneamento ás vivendas da parroquia de Doso. Esta mañá abordouse no transcurso da Xunta de Portavoces o ditame no que se recolle o compromiso de compra dunha parcela no lugar de Riveira, en Pedroso, para construír na mesma unha Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR). A parcela, ubicada nun terreo dedicado ao secano, ten unha superficie de algo máis de 27 áreas, tal e como se recolle no compromiso de compra-venda.
“Unha vez adquirida a finca dende Cosma realizarase un estudo sobre o custe que suporá a construción das citadas instalacións e, a continuación, tamén se estudará o custe de extensión dun colector no que se contemple o número de vivendas que se precisan para poñer a funcionar a EDAR, que require dun mínimo de inmobles”, explicou Ferreiro.
A alcaldesa recalcou que “o de hoxe é un primeiro paso para implantar a rede de saneamento na parroquia de Doso, unha zona do Concello cunha orografía que complica este tipo de intervencións pero para cuxa materialización estamos traballando dende hai tempo dende o goberno local, ao dispoñer xa dun estudo previo no que se detalla que a finca que adquirirá Cosma é a mellor das opcións en ubicación, por orografía e condicións urbanísticas para a futura instalación da EDAR”.
O Concello continúa avanzando con novos proxectos na implantación da rede de saneamento na zona rural do municipio. A maiores dos estudos que se iniciarán en breve para a primeira fase das obras en Doso, que se prevé que estean rematados antes deste verán, tamén se acometerán este ano outras intervencións nesta mesma área. Así o confirmou a alcaldesa, recordando que no orzamento municipal deste ano tamén se contempla unha partida para o saneamento no Camiño da Fonte, no Alto, e ampliarase a rede de saneamento no lugar de Pereiro, na parroquia de Sedes.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Marzo 2021 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal