Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO CONVOCA UN CURSO ONLINE SOBRE "MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS" DIRIXIDO A PERSOAL DO SECTOR HOSTALEIRO
O CONCELLO CONVOCA UN CURSO ONLINE SOBRE
Esta convocatoria diríxese a profesionais do sector da hostalería de Narón, tal e como avanzou o concelleiro de Promoción Económica, David Pita
Narón, 26 de febreiro de 2021. O Concello organiza un curso online sobre “Manipulación de alimentos” dirixido a persoal que traballe no sector hostaleiro da cidade. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, indicou que se ofrecerán un total de 50 prazas e avanzou que as persoas interesadas en anotarse deben escribir un correo electrónico á dirección: promocioneconomica@naron.es. Deben indicar no mesmo o seu nome e apelidos, o DNI, un teléfono de contacto, enderezo electrónico e indicar en que establecemento hostaleiro da cidade están traballando.
Enfermidades transmitidas polos alimentos, infeccións e intoxicacións alimentarias, microorganismos máis comúns, materiais en contacto cos alimentos, desinfección e desratización e o lavado de mans do manipulador de alimentos forman parte dos contidos desta acción formativa.
O edil naronés explicou que a través deste curso, “apostamos por ofrecer ao colectivo formación en hixiene alimentaria, para que dispoñan de todos os recursos necesarios para cumprir a normativa e as instrucións sanitarias en vigor sobre esta materia”. Pita avanzou ademais que “o feito de que o curso se realice online permitirá unha maior flexibilidade á hora de que as persoas que estean traballando poidan tamén realizalo, con contidos multimedia e que ofrecerá os coñecementos necesarios para que as persoas que o precisen poidan obter o certificado de manipulador de alimentos”.
As prazas ofertadas cubriranse por rigorosa orde de inscrición, tal e como indicou o edil naronés.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2021 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal