Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO COLABORA NO CRIBADO QUE O SERGAS LEVARÁ A CABO NA CIDADE ENTRE OS DÍAS 3 E 9 DE MARZO
O CONCELLO COLABORA NO CRIBADO QUE O SERGAS LEVARÁ A CABO NA CIDADE ENTRE OS DÍAS 3 E 9 DE MARZO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, animou a todas as persoas que reciban a citación do Sergas a acudir á proba para coñecer a incidencia da Covid-19 na cidade e evitar posibles contaxios
Narón, 1 de marzo de 2021. O Concello de Narón colabora co Sergas para a realización do cribado que o Servizo Galego de Saúde levará a cabo na cidade do 3 ao 9 de marzo na poboación con idades comprendidas entre os 19 e os 69 anos. A alcaldesa, Marián Ferreiro, reuniuse a pasada semana con representantes do Sergas para concretar un espazo no que poder realizar a entrega do material para os test de saliva e a realización das tomas nasofarínxeas, que será na zona de estacionamento do Pazo da Cultura.
O Sergas instalará nesa ubicación as carpas necesarias para este cribado, que comezará este mércores, día 3, con seis equipos que realizarán a entrega de tubos para a proba de saliva entre as 10.00 e as 19.30 horas. As probas continuarán este xoves día 4 e o venres 5, xornadas nas que seis equipos entregarán os botes de saliva ás veciñas e veciños citados para este tipo de proba, que xa se comezaron a avisar na xornada de hoxe vía SMS. A entrega terá lugar entre as 8.30 e as 18.00 horas en ambas xornadas.
Os días 6, 7 e 8 de marzo tres equipos entregarán botes de saliva e outros tres tomarán as mostras nasofarínxeas ás persoas de entre 60 e 69 anos (incluídas ambas idades) e o martes 9 de marzo tres equipos tomarán tamén ese tipo de mostras a persoas da citada franxa de idade, dando por rematado ese día o cribado na cidade.
O test realizarase a cidadáns con tarxeta activa sanitaria en calquera dos tres centros de saúde de Narón (O Alto, Pedroso e O Val) e a citación e o resultado enviaranse por sms ao teléfono móbil ligado a esa tarxeta sanitaria. As probas diríxense a persoas de entre 19 e 69 anos que non sexan persoal de residencias, que non teñan unha PCR con resultado positivo nos últimos tres meses e que non participasen noutro cribado nos últimos 15 días. En total, segundo a información facilitada dende o Sergas, a poboación diana é de 20.443 persoas, que atenderán catorce profesionais sanitarios baixo a coordinación dun médico.
A alcaldesa avanzou que persoal da Policía Local e de Protección Civil colaborará tamén durante estas xornadas no control do tráfico da zona, á que se recomenda acudir en automóvil axustándose á hora indicada polo Sergas para cumprir o control de asistencia establecido e evitar a agomeración de vehículos ou persoas na zona. “O Sergas considerou oportuna a ubicación do aparcamento do Pazo para poder delimitar as filas de acceso de vehículos e as correspondentes entradas e saídas independentes, para favorecer o tránsito de vehículos nese espazo mentres se realizan as probas”, explicou Ferreiro. A maiores a alcaldesa explicou que “os axentes da Policía Local e persoal voluntario de Protección Civil participarán tamén nun dispositivo deseñado específicamente para garantir a seguridade das persoas que acudirán a realizar as probas”.
Ferreiro animou ás veciñas e veciños que reciban a citación a acudir ao cribado, “colaborando deste xeito nunha nova acción deseñada neste caso para coñecer a incidencia do coronavirus na nosa cidade, detectar posibles casos positivos e tomar as pertinentes medidas para evitar a propagación da Covid-19, contrinuíndo deste xeito a erradicar esta pandemia”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2021 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal