Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
VARIACIÓNS NO TRÁFICO RODADO A PARTIR DE MAÑÁ DEBIDO Á REALIZACIÓN DO CRIBADO POBOACIONAL POLA COVID-19
O edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, explicou que os cambios afectan a rúas próximas ao aparcadoiro do Pazo da Cultura
Narón, 2 de marzo de 2021. O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, informou de varios cambios no tráfico rodado que comezarán a aplicarse mañá nas inmediacións do Pazo da Cultura con motivo da realización do cribado anunciado pola Xunta de Galicia. O edil naronés avanzou que dende mañá ata o 9 de marzo (incluídos), entre as 7.30 e as 18.30 horas a rúa María Casares pasará a ter un único sentido de circulación cara á rúa San Xosé Obreiro e a rúa Vilar Ponte. Así mesmo, entre o día 4 e 8 de marzo (incluídos) entre as 07.30 e as 18.30 horas o sentido de circulación da rúa San Xosé Obreiro entre as rúas Vilar Ponte e Ramón Cabanillas pasará a ser o contrario do habitual. O concelleiro de Seguridade Cidadá indicou que estas variacións no tráfico rodado estarán debidamente indicadas na zona e solicitou de antemán desculpas polas posibles molestias ocasionadas. Así mesmo, dende o Concello incidiuse novamente na importancia de que as persoas que reciban a citación do Sergas para acudir ás probas do cribado se desplacen na hora indicada ao aparcadoiro do Pazo da Cultura para participar no mesmo e colaborar na prevención da propagación da Covid-19.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal