Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA PARTICIPOU NUNHA REUNIÓN TELEMÁTICA CONVOCADA POLA XUNTA SOBRE A TRAMITACIÓN DAS AXUDAS DESTINADAS A HOSTALEIROS, AUTÓNOMOS E MICRO PEMES
A ALCALDESA PARTICIPOU NUNHA REUNIÓN TELEMÁTICA CONVOCADA POLA XUNTA SOBRE A TRAMITACIÓN DAS AXUDAS DESTINADAS A HOSTALEIROS, AUTÓNOMOS E MICRO PEMES
Marián Ferreiro interesouse ante os representantes da administración autonómica polas achegas económicas solicitadas pola Xunta aos concellos e os prazos de adhesión para valorar dende o goberno local a proposta
Narón, 2 de marzo de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, participou esta tarde nunha xuntanza vía telemática convocada pola Xunta de Galicia co fin de recibir información sobre a proposta da administración autonómica de integrar a xestión das axudas das entidades locais para o sector hostaleiro, autónomos e micro pemes no Plan de Rescate deseñado pola administración autonómica, que solicita aos concellos aportación económica para ese Plan. A finalidade desta proposta, tal e como se indicou dende a Xunta, é tratar de simplificar e axilizar a xestión desas axudas, para que acaden prazos de tramitación similares ou incluso os poidan reducir con respecto ao primeiro Plan de Rescate autonómico.
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, foron os encargados de explicar aos representantes das administracións locais o contido da proposta. O Clúster de Turismo de Galcia, que agrupa aos representantes da hostalería, as asociacións de autónomos e organización sindicais e empresariais incidiron na importancia de simplificar e axilizar a tramitación das axudas que as administracións destinan aos hostaleiros, autónomos e micro pemes afectados polas medidas sanitarias que se adoptan dende hai un ano debido á pandemia pola Covid-19.
Ferreiro interesouse ante os representantes da administración autonómica por cuestións vencelladas ás achegas económicas que deberían realizar os concellos e os prazos de adhesión á iniciativa, indicando finalmente que o goberno local valorará nos vindeiros días a viabilidade de sumarse a esta proposta.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2021 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal