Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ACTRIZ CONCHA VELASCO INAUGURA ESTE SÁBADO O VI FESTIVAL INTERNACIONAL DO MONÓLOGO TEATRAL SINGULAR COA OBRA "LA HABITACIÓN DE MARÍA"
O festival desenvolverase dende o 6 ata o 28 de marzo e inclúe a representación de nove monólogos, unha mesa redonda e dous cursos dirixidos a profesionais do sector
Narón, 3 de marzo de 2021. A recoñecida actriz Concha Velasco será a encargada de inaugurar os espectáculos programados polo Padroado da Cultura de Narón na sexta edición do “Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular”. A primeira das citas será este sábado, día 6, a cargo da compañía Pentación Espectáculos, que trae ao Pazo a obra “La habitación de María”, que se poderá ver a partir das 20.00 horas. O aforo total para o espectáculo é de 250 persoas, estando a punto de esgotarse as entradas dispoñibles, cun prezo de 16 euros en tarifa xeral e 11,20 na reducida. A programación continuará a vindeira fin de semana, os días 12 e 13, coa estrea -20.30 e 20.00 horas respectivamente- da obra “Libre coma os paxaros”, de Teatro do Atlántico e protagonizada pola actriz María Barcala. O día 14 ás 18.00 horas o actor Juan Rodríguez protagoniza “Feo!”, da compañía Caramuxo Teatro; o 19 ás 20.30 María Ángeles Iglesias actuará en “Crónica dunha heterosexual insatisfeita”, da Compañía Verdeverás Expresións Artísticas e o CDG; e o día 20 ás 20.00 horas estrearase a obra “Mocos”, de Contraproduccións, con Cándido Pazó –substituíndo o monólogo inicialmente previsto con Alberto San Juan-. As catro últimas representacións serán o día 21 ás 18.00 horas, cando Andrea Bayer protagonizará “Fíos”, de Baobab Teatro; o 26 ás 20.30 Laura Villaverde actuará en “Chola a it girl”, de Artesacía; o 27 ás 20.00 horas Edurne Rankin protagonizará “L@s niñ@s de Winnipeg”, da compañía chilena La llave maestra –que estrea a peza a nivel estatal no Pazo- e o 28 ás 18.00 horas pechará o ciclo de monólogos a compañía Eme2 Producións, coa peza “Semente”, coa actriz galega Mercedes Castro. A maiores destes nove monólogos o programa do Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular inclúe o día 19 de marzo ás 18.00 horas unha mesa redonda sobre “Circulación internacional de espectáculos teatrais”, na que participarán recoñecidos profesionais do teatro a nivel nacional e internacional. Tamén se programaron o curso “Festival de Mueca. Unha experiencia de xestión coparticipada”, o día 20 de marzo de 9.00 a 12.00 impartido por Marcelino Martín, director do festival Mueca, e outro sobre “Interpretación actoral” que terá lugar do 22 ao 25 de marzo, de 18.00 a 21.00 horas, a cargo da actriz galega e cofundadora da compañía Teatro do Atlántico, María Barcala.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal