Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA CONTINÚA DESENVOLVENDO AS MESAS DE CONVERSA EN INGLÉS A TRAVÉS DE VIDEOCHAMADAS
A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, indicou que se trata dunha actividade de balde que precisa inscrición previa
Narón, 4 de marzo de 2021. A Biblioteca municipal continúa desenvolvendo a través de videochamada as Mesas de conversa en inglés, unha iniciativa de balde, dirixida a persoas a partir dun nivel medio de inglés. A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, explicou que “cada mércores ás 9.30 horas se abre o prazo para anotarse na mesa de conversa que se realizará o luns seguinte, un espazo coordinado por unha monitora e no que as persoas que participan terán a oportunidade de poñer en práctica os seus coñecementos en lingua inglesa”. Cada luns, indicou, hai dúas sesións, Quitaóxidos I, de 17.15 a 18.15 e Quitaóxidos II, de 18.15 a 19.15 horas. A primeira delas diríxese a persoas que teñen un nivel medio de inglés e que poden manter unha conversa básica sobre aspectos concretos ou ser autónomos de cara a viaxar a algún país anglófono. As de nivel II son para persoas cun nivel máis fluído de conversa. Unha vez que se inscriben, os participantes reciben un correo electrónico coas instrucións e as claves para poder acceder ás xuntanzas en liña. As reservas poden facerse presencialmente na Biblioteca municipal ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 en horario de apertura –de luns a venres entre as 9.30 e as 13.30 e de 16.00 a 21.00 e os sábados de 10.00 a 13.00 horas-. No momento de anotarse haberá que indicar o nivel no que se quere participar, se ben dende o centro recoméndase probar co nivel que considera a persoa que ten na primeira sesión para que a coordinadora lle indique se é o axeitado de cara ás vindeiras. A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, animou á veciñanza a participar nesta actividade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal