Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ESCOLA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ RETOMOU HOXE A ATENCIÓN PRESENCIAL NA CASA DA CULTURA
A edil de Participación Cidadá, Catalina García, desprazouse esta mañá ás instalacións para reunirse co persoal que as atende
Narón, 4 de marzo de 2021. A Escola de Participación Cidadá de Narón retomou hoxe a atención ao público con carácter presencial na Casa da Cultura da cidade. Así o anunciou a concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, que se desprazou hoxe ás instalacións para reunirse co persoal responsable de atender a oficina, que estará aberta cada xoves entre as 10.00 e as 14.00 e tamén de 16.00 a 19.00 horas, debendo solicitar cita previa as persoas que desexen acudir chamando ao teléfono 603 865 413 ou escribindo ao correo electrónico: escolaparticipacion@naron.es. Así mesmo, tal e como indicou García, de luns a venres en horario de mañá e tarde, entre as 10.30 e as 13.30 e de 16.30 a 19.30 tamén se atenderá á cidadanía por teléfono, chamando ao citado número de móbil. “Queremos apostar por un espazo accesible para a veciñanza, no que poidan recibir atención presencial no caso de necesitala pero tamén ofrecendo a opción da atención telefónica para aquelas persoas que non se poidan desprazar ata a Casa da Cultura ou que lles resulte máis cómodo realizar por teléfono as consultas que estimen oportunas”, explicou. A concelleira naronesa recordou que “dende este servizo ofrecerase asesoramento ás entidades e tamén información sobre o programa formativo da Escola de Participación Cidadá, estando abertos a calquera consideración que estimen oportuna sobre os cursos que programamos”. A maiores, “tamén é unha ferramenta que lles servirá para canalizar demandas concretas que o persoal da Escola trasladará aos representantes do goberno local co fin de avalialas dende os servizos correspondentes”. García indicou ademais que as entidades da cidade dispoñen de prazo ata o 31 deste mes para actualizar os seus datos no Rexistro Municipal de Asociacións. Poden facelo a través do impreso que está xa dispoñible na Sede Electrónica do Concello. A concelleira animou ás entidades a contactar coa Escola de Participación a través deste servizo “para entre todas e todos nós dispoñer de todas as ferramentas posibles para seguir traballando polo mellor dos futuros para a nosa cidade”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal