Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
Á VENDA AS ENTRADAS PARA OS ESPECTÁCULOS QUE SE PODERÁN VER NO PAZO DA CULTURA ENTRE OS MESES DE ABRIL E XUÑO
Á VENDA AS ENTRADAS PARA OS ESPECTÁCULOS QUE SE PODERÁN VER NO PAZO DA CULTURA ENTRE OS MESES DE ABRIL E XUÑO
O actual aforo das instalacións é de 250 persoas se ben estará condicionado o número de entradas ás medidas decretadas en cada momento polas autoridades sanitarias
Narón, 6 de marzo de 2021. O Padroado da Cultura ten á venda para o público xeral dende onte as entradas para os espectáculos que se sucederán no Pazo entre os meses de abril e xuño. O aforo está limitado actualmente a 250 persoas, estando xa completo para o concerto que ofrecerá o artista coruñés Xoél López o vindeiro 23 de abril ás 20.30 horas. Presentará o seu novo disco “Si mi rayo te alcanzara”, con dez cancións e que marca unha nova etapa caracterizada pola evolución deste músico galego. Dende o Padroado da Cultura informouse que no caso de que as autoridades sanitarias permitan incrementar o actual aforo de cara á data de celebración do concerto de Xoél López retomarase a venda de entrada ata o máximo permitido.
A programación prevista polo Padroado, donde dende hoxe se desenvolve a sexta edición do Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular, con aforo completo tamén para a obra “La habitación de María”, que protagoniza a actriz Concha Velasco, continuará este mes coas obras deste festival e seguirá entre abril e xuño con varios espectáculos teatrais e musicais dirixidos a todo tipo de públicos. O primeiro dos espectáculos do mes de abril terá lugar o día 10, cando se poderá ver o musical “Yo, la peor del mundo”, da compañía Vaivén Producciones. O día 11 terá lugar o espectáculo para público familiar e infantil “Xurásico perdido”, de Títeres Cachirulo e a continuación ese mesmo mes, o día 17 estarán no Pazo Antón Reixa e Antela Cid, que representarán a comedia “Melancoholemia”, de Con de Tres Pés SL, o 18 poderase ver a obra de teatro musical “Don Gaiferos”, de Os Monicreques de Kukas e pecharán a programación de abril “Autorretrato de un joven capitalista español”, de Teatro del Barrio, o día 24 e “A lingua das bolboretas”, de Sarabela Teatro, o 30 de abril. Este último espectáculo tamén se representará o 1 de maio.
Martins Aneiros Band traerá o 7 de maio ao Pazo a música soul, blues e rock e o músico cubano Pablo Milanés, virá coa súa nova xira artística, “Días de luz”, o día 8; o día 9 será o turno de “Quixote”, de Pedras de Cartón e os días 14 e 15 a compañía Teatro do Noroeste estreará no Pazo a comedia “Gloria nacional”. Para pechar os espectáculos de maio, o día 22 poderase ver “Estrela do día”, de Producións Teatrais Excéntricas, e o día 23 a peza de teatro xestual “Cubo”, para público familiar e infantil e da compañía Elefante Elegante.
En xuño os días 11 e 12 representarase o drama “Principiantes”, de Todas Las Mujeres AIE. e o día 13 a comedia “Sé infiel y no mires con quien”, de Pentación Espectáculos.
As entradas dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo da Cultura ou na web: www.padroadodecultura.es.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2021 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal