Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA REUNIUSE COA CONSELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE PARA AVANZAR NA IMPLANTACIÓN DA QUINTA FRACCIÓN DE RECOLLIDA DE LIXO NA CIDADE
Marián Ferreiro recibiu as felicitacións de Ángeles Vázquez polo seu compromiso coa xestión dos biorresiduos e dar pasos para avanzar no cumprimento dos obxectivos marcados pola Directiva Marco de Residuos
Narón, 19 de marzo de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Servizos, Ibán Santalla, participaron nunha xuntanza mantida esta semana coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o presidente de Sogama, Javier Domínguez, para interesarse pola xestión dos biorresiduos –materia de orixe orgánica- que se xeneran no concello. A rexedora local mantivo varias reunións, solicitadas dende Alcaldía, nesta mesma liña, para avanzar no tratamento dos biorresiduos e avanzar deste xeito no cumprimento do obxectivo de reciclar o 55% do total dos mesmos no ano 2025. Ferreiro valorou positivamente a conversa mantida con Vázquez e Domínguez, e na que a conselleira lle trasladou que dende Medio Ambiente analizarán a viabilidade de que os biorresiduos xerados no concello se leven ás instalacións que Sogama ten operativas no polígono industrial de Río do Pozo. En canto á planta de transferencia de Sogama no municipio, Ángeles Vázquez destacou o investimento realizado na mesma dende a administración autonómica, valorado en 250.000 euros, e avanzou que se completará coa construción dunha nova tolva que permitirá trasvasar os biorresiduos do quinto contedor dende os camións de recollida de lixo a contedores de maior capacidade para trasladalos ao complexo medioambiental de Sogama, donde serán tratados, transformando por exemplo restos de comida e vexetais en compost. “Temos todo preparado para mellorar co novo contrato de recollida de lixo que se adxudicará proximamente tanto a recollida como os contedores no termo municipal, o que nos permitirá mellorar o traballo que estamos realizando actualmente e reafirmar o compromiso do Concello de Narón co coidado e respecto do medio ambiente”, recalcou a alcaldesa. Nos novos contenedores marróns para biorresiduos poderanse depositar: restos de comida non cociñada, de vexetais (flores…), algúns produtos derivados da madeira (serrín…), e restos de papel (de cociña, servilletas…). No transcurso da xuntanza Ángeles Vázquez felicitou a Marián Ferreiro polo seu compromiso coa xestión dos biorresiduos e por dar pasos para avanzar no cumprimeno dos obxectivos marcados nesta área e recollidos na Directiva Marco de Residuos. “Queremos continuar avanzando nesta liña e para iso sabemos que contamos coa colaboración das nosas veciñas e veciños, que están realizando un moi bo traballo na separación dos residuos e apostando en firme pola reciclaxe, facendo da nosa cidade todo un referente a nivel autonómico, tal e como nos trasladou a empresa Ecoembes”, recordou Ferreiro. A alcaldesa recordou que o Concello recibiu 25 compostadores de Sogama, ao estar adherido ao programa de compostaxe da citada empresa, e interesouse ante Vázquez e Domínguez por se poderían ampliar esa cifra cando se programen novas entregas. Ferreiro interesouse tamén pola posibilidade de que se abra dende a Xunta unha liña de subvencións para adquirir novos contenedores que se adapten ao modelo de carga lateral que se implementará no Concello coa entrada en vigor do novo contrato de recollida de lixo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal