Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O "VI FESTIVAL INTERNACIONAL DO MONÓGO TEATRAL SINGULAR REMATA ESTA FIN DE SEMANA COA REPRESENTACIÓN DE TRES ESPECTÁCULOS
O
Dúas compañías galegas e unha chilena protagonizan os tres monólogos que pecharán esta nova edición do Festival Singular no Pazo da Cultura
Narón, 22 de marzo de 2021. O Pazo da Cultura acollerá esta fin de semana os tres últimos espectáculos da sexta edición do “Festival Internacional do monólogo teatral Singular”. Dúas compañías galegas, Artesacía e Eme2 Produccións, e unha chilena, La llave maestra, traerán a Narón tres espectáculos enmarcados nesta iniciativa, na que colaboran co Padroado da Cultura a Rede Eurolatinoamericana de artes escénicas (Redelae); a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.
O venres día 26 poderase ver no Pazo o monólogo “Chola a it girl”, protagonizado pola actriz Laura Villaverde. A cita coa compañía Artesacía será ás 20.30 horas e o público poderá ver unha obra baseada nas novas tecnoloxías, na que a protagonista, Chola, é contratada por un teatro para realizar un titorial en directo para amosar nuns poucos pasos como converterse nunha “it girl” do mundo rural. Unha chamada telefónica dará un xiro inesperado a esta historia para amosar a humanidade e imperfección da protagonista desta obra.
Na xornada do sábado 27 subirase ao escenario do Pazo a actriz Edurne Rankin, que chega a Narón coa compañía chilena La llave maestra. A partir das 20.00 horas representarase un monólogo baseado en textos creados específicamente para rendir unha homenaxe ás nenas e nenos que viaxaron a bordo do Winnipeg, un barco que transportou cara a Chile a milleiros de españois exiliados trala Guerra Civil española.
A compañía galega Eme2 Produccións será a encargada de pechar esta sexta edición do Festival Singular, coa representación do monólogo “Semente”. Será o domingo 28 ás 18.00 horas no Café Teatro do Pazo e a peza enmárcase no festival “Singulariño!”, dirixido a público familiar e infantil. A actriz Mercedes Castro protagonizará unha historia centrada no poder que o ser humano ten para influenciar o mundo ao seu redor. A peza conta a historia dun home humilde e o seu esforzo por facer do lugar no que vive un lugar especial.
As entradas dispoñibles, ata completar o aforo permitido, poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo da Cultura, de luns a sábado entre as 9.30 e as 14.00 e de 17.00 a 20.30 e os domingos e festivos unha hora antes do comezo do espectáculo. Tamén poden adquirirse a través da web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
20
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal