Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ MAÑÁ NAS INMEDIACIÓNS DA PRAZA DA CONSTITUCIÓN
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ MAÑÁ NAS INMEDIACIÓNS DA PRAZA DA CONSTITUCIÓN
O persoal da unidade móbil de ADOS atenderá ás persoas que acudan a doar en horario de tarde, entre as 15.30 e as 21.00 horas
Narón, 23 de marzo de 2021. Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) permanecerá mañá estacionada nas inmediacións da Praza da Constitución, na Solaina, entre as 15.30 e as 21.00 horas. Dende ADOS realizan un chamamento á poboación para que acuda a doar, especialmente persoas con grupo A+, A-, 0+ e B-, incidindo en que na actualidade as reservas dos mesmos presentan niveis baixos e é preciso reforzalos.
“O aumento na demanda de componentes sanguíneos e a coincidencia de datas festivas nestas semanas ten repercutido nos niveis de reservas dos distintos grupos sanguíneos por mor do incremento da actividade asistencial hospitalaria e dos transplantes de órganos”, explicaron dende ADOS.
Así mesmo, recoméndase ás persoas que acudan a doar sangue que reserven cita previamente chamando –de balde- ao número de teléfono 900 100 828. Antes da doazón é preciso almorzar e, no caso de xantar, deberanse esperar dúas horas para realizar a extracción. Ao persoal da unidade móbil haberá que presentarlle a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal