Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ADHERIUSE AO PROXECTO "LIFE STOP CORTADERIA" PARA FREAR A PROPAGACIÓN DA HERBA DA PAMPA NO TERMO MUNICIPAL
A alcaldesa, Marián Ferreiro, rubricou a carta de adhesión a este proxecto sobre o que se traballará dende a Concellería de Medio Ambiente, á fronte da que está o edil Santiago Galego
Narón, 24 de marzo de 2021. O Concello de Narón adheriuse á estratexia transnacional de Loita contra a cortaderia selloana a través da iniciativa impulsada co proxecto "Life Stop Cortaderia", financiado pola Comisión Europea. A corporación local aprobou por unanimidade esta adhesión no pleno celebrado o pasado mes de febreiro e posteriormente a alcaldesa, Marián Ferreiro, asinou a carta que oficializa esa adhesión e na que se recollen os compromisos adquiridos. O edil de Medio Ambiente, Santiago Galego, é a persoa que traballará neste proxecto para materializar os citados acordos. Galego valorou a unión da corporación local para sumarse a esta iniciativa que xorde debido á grave situación de colonización que representa na actualidade esta especie exótica invasora, coñecida tamén como plumeiro ou herba da pampa. Danos na calidade da paisaxe e de biodiversidade, desprazamento da vexetación autóctona, pérdida de conectividade da fauna, problemas de alerxia… son algúns dos xerados coa proliferación desta especie. O edil naronés explicou que en base á Estratexia Transnacional contra a Cortaderia Selloana o Concello comprometeuse a “traballar na medida das súas posibilidades e competencias para deter a expansión desta especie e reducir a súa presencia no termo municipal”. Con esta finalidade, indicou, “levaranse a cabo labores de investigación, comunicación, formación e sensibilización, entre outras, para dar os primeiros pasos cara á necesaria erradicación desta especie invasora, cunha elevada presencia en determinadas zonas do termo municipal e da que é preciso frear a súa proliferación debido aos problemas que ocasiona en diferentes áreas”. Hoxe mesmo persoal técnico municipal mantivo a primeira xuntanza -vía telemática- con representantes de "Life Stop Cortaderia", o que supuxo unha primeira toma de contacto na que se avanzaron boas prácticas na materia e tamén algunhas estratexias de planificación, tal e como indicou Galego.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal