Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NOVAS PARA OS CONTRIBUÍNTES NOS PROCEDEMENTOS DE PAGO DOS TRIBUTOS DELEGADOS NA DIPUTACIÓN DA CORUÑA
Resolucións da Diputación Provincial da Coruña no BOP nº 58 de 29.03.2021, referentes ás diferentes posibilidades de procedementos de pago nalgúns tributos aos que se pode acoller a cidadanía
Narón, 29 de marzo de 2021. A Diputación Provincial de A coruña, no B.O.P. nº 58, de 29 de marzo de 2021, dictou resolucións referentes aos procedementos de pago do Imposto de Bens Inmobles IBI, Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica IVTM, Imposto de Actividades Económicas, e Taxa de Entrada de Vehículos a través da Vía Pública. POSIBILIDADE DE PAGO DE RECIBOS EN DOUS PRAZOS: 1º. CAMPAÑA VOLUNTARIA ANUAL (IMPOSTO VEHÍCULOS TRACCIÓN MECÁNICA): a metade do recibo, o 30 de abril ou inmediato hábil anterior, e a outra metade, un mes antes do último día do pago da voluntaria ou inmediato hábil anterior se aquel fose inhábil. 2º. CAMPAÑA VOLUNTARIA ANUAL (IMPOSTO BENS INMOBLES, IMPOSTO ACTIVIDADES ECONÓMICAS, TAXA ENTRADA VEHÍCULOS A TRAVÉS DA VÍA PÚBLICA): a metade do recibo, o 30 de xuño, ou inmediato hábil anterior, e a outra metade, un mes antes do último día do pago da voluntaria ou inmediato hábil anterior se aquel fose inhábil. Requisitos: Presentar solicitude no modelo normalizado disponible na páxina web da Deputación www.dacoruna.gal (Temas/Servizos Tributarios/Documentación/7. Domiciliación de recibos/orden domiciliación en dous prazos) PLAN INDIVIDUALIZADO DE PAGOS: Sistema especial de pagamento dos recibos que permite realizar o pago en 10 mensualidades o día 5 ou inmediato hábil posterior dos meses de xaneiro a outubro. Só para o exercizo 2021, o pago realizarase en 7 mensualidades, o día 5 ou inmediato hábil posterior dos meses de maio a novembro. Prazo de solicitude en 2021: antes do 30 de abril de 2021 (de solicitarse con posterioridade terá efectos para o exercizo seguinte). Requisitos: Presentar solicitude no modelo normalizado dispoñible na páxina web da Deputación www.dacoruna.gal (Temas/Servizos Tributarios/Documentación/2.Solicitude plan individualizado de pagos) Domiciliación bancaria. Non ter débedas pendentes de pagamento en periodo executivo. As persoas interesadas teñen toda a información dispoñible na páxina web da Deputación Provincial da Coruña www.dacoruna.gal e nos teléfonos seguintes: Tf. Xeral de Atención ao contribuínte: 900 13 22 04 Tf. Oficina de Recadación de Narón: 981 39 70 83 Tf. Oficina de Recadación de Ferrol: 981 35 57 95 Fax Atención ao Contribuínte: 981 08 00 90 E_Mail de atención tributaria: atencion.tributaria@dacoruna.gal https://www.dacoruna.gal/novas/ficha-noticia-reducida?id_evento=9057&utm_source=Enlace&utm_campaign=%C3%9Altimas+Novas&utm_medium=Web

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal