Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DE NARÓN PARTICIPA NUNHA XUNTANZA SOBRE AXUDAS Á HOSTALERÍA CON REPRESENTANTES DA XUNTA E DOUTROS CONCELLOS GALEGOS
Os representantes da Xunta de Galicia manifestaron o compromiso de achegar próximamente ao Concello a información sobre un acordo de colaboración para que sexa obxecto de estudo pola administración local
Narón, 30 de marzo de 2021. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, participou onte nunha xuntanza co vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, xunto con outros alcaldes, alcaldesas e representantes doutros concellos galegos para tratar o tema das axudas económicas ao sector da hostalería dos seus respectivos municipios. Os concellos interesados terán de prazo ata o 30 de abril para sumarse á plataforma creada a tal efecto, e o acordo recollerase nun convenio que posibilitará a habilitación desas axudas. Os representantes da Xunta de Galicia comprometéronse a achegar próximamente a cada concello o texto do convenio para o seu estudo por parte de cada administración local. A alcaldesa manifestou a súa satisfacción pola posta en marcha de todas as medidas posibles que contribúan a paliar os efectos da crise sanitaria ocasionada pola Covid-19 e as consecuencias económicas que están a sofrir diversos sectores laborais, empresariais, autónomos, e neste caso concreto a hostalería. Ferreiro recordou que o Concello xa puxo en marcha medidas de apoio no municipio como o programa “Narón impulsa” co que se colaborou económicamente coa hostalería, un dos sectores máis castigados pola crise.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal