Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A EMPRESA R ALÍANSE PARA LEVAR A FIBRA ÓPTICA Ó POLÍGONO DE RIO DO POZO
Máis de 80 empresas beneficiaranse do servizo de Internet de alta velocidade
Narón, 24 de Setembro de 2009.- A Concelleira de Promoción e Xestión de Polígonos Industriais de Narón, Angeles Díaz Pardo, e responsables comerciais da empresa de telecomunicacións R visitaron hoxe o Polígono de Rio do Pozo para coñecer in situ a marcha das obras de canalización e despregamento da fibra óptica no parque empresarial. Estos traballos comenzaron a realizarse o pasado mes de agosto, e dende R confían en poder dar servizo a máis de 80 empresas ubicadas en Rio do Pozo no mes de decembro. A Concelleira de Polígonos Industriais, Angeles Díaz, lembrou que a chegada da fibra óptica a este lugar “naceu grazas ás negociacións do Concello coa Consellería de Industria, a partir das cales conseguimos cablear Rio do Pozo con fibra óptica e o polígono de As Lagoas con antena wimax”. Ambas infraestructuras atópanse actualmente en fase de instalación. Unha vez rematadas as obras “as empresas terán servizos que hoxe en día son básicos para poder competir en situación de igualdade”, declarou a 1ª Tenente de Alcalde. Angeles Díaz tamén expresou o interese do Concello en levar Internet á zona rural de Narón, a través dunha antena que se complementaría coa do parque de As Lagoas. As obras de Rio do Pozo estanse a executar nos catro sectores do polígono, mediante fibra óptica. A empresa R ofrecerá ós seus clientes ata 12 megas de velocidade unha vez comence a comercializar o servizo. De momento, estase a construir a caseta onde se instalará o nodo de telecomunicacións, e nunha segunda fase se realizarán as conexións coas empresas interesadas. Os responsables de instalacións e construccións da empresa R, Manuel Barros e Miguel Ramil, explicaron que se invertirán 296.000 euros nos traballos que están a realizar en Rio do Pozo. Ademáis, R conta con perto de 15.000 clientes en Narón –entre particulares e empresas- e destaca a colaboración firme e estreita que mantén co Concello de Narón no impulso e desenvolvemento das novas tecnoloxías neste municipio.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal