Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
VISITA DA ALCALDESA, MARIÁN FERREIRO, E O PRESIDENTE DA AGRUPACIÓN DE PROTECCIÓN CIVIL E XEFE DO SPEIS DE NARÓN, RAFAEL PAZOS, Á AXEGA
A alcaldesa destacou o traballo realizado nestas circunstancias especialmente adversas para a cidadanía, polos efectos da Covid-19, e incidiu na importancia da colaboración entre concellos e administracións supramunicipais
Narón, 30 de marzo de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, visitou esta mañá xunto co presidente da Agrupación de Protección Civil de Narón e Xefe do SPEIS, Rafael Pazos, as instalacións, na Estrada, da Axencia Galega de Emerxencias AXEGA (112) e as instalacións do Servizo 061. No percorrido, acompañaron a Ferreiro e Pazos o xerente da AXEGA, Marcos Araújo, e o subdirector xeral de Planificación e Protección Civil da Xunta, José Antonio Grandas. A rexedora local valorou moi positivamente todo o esforzo que se realiza desde estes servizos durante todo o ano, resaltando o labor desenvolvido desde estes servizos públicos nas especiais circunstancias nas que se desenvolve a actividade diaria nesta época de crise sanitaria derivada da Covid-19. Ferreiro e Pazos achegaronse ao funcionamento e loxística donde se concentran todas as Emerxencias de Galicia e destacaron a importancia da colaboración entre administracións para que os servizos á cidadanía sexan cada vez máis completos e eficientes.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal