Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A EXPOSICIÓN "MULLERES EN NARÓN" ORGANIZADA CON MOTIVO DO 8M PERMANECERÁ INSTALADA UNHA SEMANA NA PRAZA DO ANTIGO CONCELLO DE XUVIA
Visibilizar o papel das mulleres na historia de Narón e informar dos recursos do Concello en materia de Igualdade son obxectivos básicos desta exposición enmarcada na celebración do 8M
Narón, 31 de marzo de 2021. A exposición fotográfica itinerante “Mulleres en Narón” trasladase de ubicación e permanecerá dende esta tarde e durante unha semana na praza do antigo Concello de Xuvia, tal e como informou a concelleira de Igualdade, Mar Gómez. A exposición consta de tres paneis temáticos centrados no papel da muller e nos que se pode ver ás mulleres que recibiron a distinción de “Muller do Ano de Narón” entre os anos 2016 e 2020 incluídos; información sobre a Revolta Popular de 1918 e as súas consecuencias en Narón e os recursos que ten o Concello en materia de Igualdade. Gómez recordou que a exposición xa se instalou na Praza da Gándara, na Praza de Galicia e nas inmediacións do Centro cívico social do Val. A concelleira de Igualdade anima á veciñanza a acudir a ver os diferentes paneis “para coñecer un pouco máis unha parte importante da historia da nosa cidade, na que as mulleres tiveron un papel decisivo e que dende o Concello quixemos recoñecer e visibilizar con esta mostra, con motivo da celebración, neste mes de marzo, do Día Internacional da Muller”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal