Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ILUMINARÁ DE COR AZUL A GLORIETA DE FREIXEIRO COMO MOSTRA DE SOLIDARIEDADE CO COLECTIVO TEA
O Concello súmase así á iniciativa do Movimento Internacional "Ligh it up blue" (Ilumínao de azul) na conmemoración do 2 de abril, Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo
Narón, 31 de marzo de 2021. A glorieta de Freixeiro permanecerá iluminada de cor azul dende a noite de hoxe ata o domingo día 4 de abril como mostra de apoio e solidariedade ao colectivo de persoas con Trastorno do Espectro do Autismo TEA e súas familias na conmemoración do 2 de abril, Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. O Concello súmase así á iniciativa do movemento internacional "Ligh it up blue” (Ilumínao de azul). A concelleira de Benestar Social e Participación Cidadá, Catalina García, mantivo recentemente unha reunión coa Asociación Aspanaes na que a entidade lle trasladou esta proposta. García valorou o traballo realizado por Aspanaes coas persoas pertencentes ao colectivo TEA e o seu entorno familiar e social, e manifestou a colaboración do Concello para acadar os obxectivos de visibilización, inclusión e solidariedade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal