Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMO DÍA PARA ENVIAR AS IMAXES COAS QUE O CONCELLO EDITARÁ UN VÍDEO CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO
A concelleira de Benestar Social, Catalina García, recordou que mañá martes rematará o prazo para poder participar nesta iniciativa
Narón, 5 de abril de 2021. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, recordou que mañá martes día 6, ás 14.00 horas, rematará o prazo para participar nunha das actividades organizadas con motivo da conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano. As persoas que o desexen deben enviar un retrato seu cunha frase, como por exemplo “Espazo Libre de racismo”, “Opré Romá!” (en referencia ao tratamento dos medios de comunicación), “Sastipen Thaj Mestipen” (Saúde e Liberdade), ou “Loita contra o antixitanismo; desmonta os prexuízos”, entre outras propostas. O Concello organizou este e outros actos previstos para conmemorar o 8 de abril xunto coa Asociación Familiar Ferrol (AFA). As imaxes deben enviarse ao correo electrónico: minoriasetnicas@afaferrol.org e asinar a autorización de dereitos de imaxe e protección de datos que se poden descargar da páxina web do Concello de Narón, na dirección: www.naron.es. Finalmente o Concello elaborará un vídeo coas fotografías enviadas que se publicará nas redes durante esta semana co cancelo #Narónencaló.
Descarga de archivos
Díptico 8 de abril
Tamaño:2,94 MB
Autorización menores
Tamaño:71,24 KB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal