Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PAZO DA CULTURA INICIA ESTA FIN DE SEMANA A PROGRAMACIÓN DO SEGUNDO TRIMESTRE DO ANO CON ESPECTÁCULOS DIRIXIDOS A TODOS OS PÚBLICOS
O PAZO DA CULTURA INICIA ESTA FIN DE SEMANA A PROGRAMACIÓN DO SEGUNDO TRIMESTRE DO ANO CON ESPECTÁCULOS DIRIXIDOS A TODOS OS PÚBLICOS
As entradas ata completar o aforo están á venda no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura
Narón, 5 de abril de 2021. O Padroado da Cultura estreará o vindeiro sábado, día 10, a programación correspondente ao segundo trimestre do ano coa representación da comedia musical “Yo, la peor del mundo”, da compañía Vaivén Producciones. A representación dará comezo ás 20.00 horas e xira en torno á historia dunha muller, Sor Juana Inés de la Cruz, que se enfronta a todo e a todos para acadar a súa liberdade.
As citas culturais no Pazo, nesta ocasión no Café Teatro, continuarán este mes o día 11 de abril cun espectáculo para público familiar e infantil, “Xurásico perdido”, de Títeres Cachirulo, ás 18.00 horas. Monifates de gran tamaño vivirán unha aventura moi singular protagonizada por Ariadana e o seu profesor, Florentino, que loitarán por protexer a un dinosauro moi peculiar, Xuri, que se mantivo oculto aos ollos do mundo a través dun curioso dispositivo.
O sábado 17 de abril a compañía Con de Tres Pés SL traerá a Narón a comedia “Melancoholemia”, que se poderá ver ás 20.00 horas. Dous recoñecidos profesionais das artes escénicas, Antón Reixa e Antela Cid, forman o elenco artístico desta peza, na que Reixa interpreta a un paciente dunha institución mental que recibe aos convidados nunha sesión de “portas abertas”. A posta en escena desta obra completarase coas imaxes dun vídeo realizado por Antonio Sergade, baseadas no tratamento de diversas obras da historia das artes plásticas e a música de Cachopou. O día seguinte, o 18 de abril, será de novo o turno do teatro dirixido a público familiar e infantil, nesa ocasión cunha peza de carácter musical, “Don Gaiferos”, de Os Monicreques de Kukas. A cita será ás 18.00 horas e desenvolverase a modo de opereta, partindo do romance popularizado por Don Faustino Santalicese, incorporando cancións e músicas propias da tradición folclórica galega para contar un dos milagres atribuídos ao Apóstolo Santiago. A historia conta a viaxe do peregrino francés Gaiferos de Monmarltan ata a súa morte aos pés do Santo na catedral de Santiago de Compostela. No camiño o protagonista cruzarase con varios personaxes.
A música terá tamén un destacado espazo na programación deste mes no Pazo da Cultura co concerto que o día 23 de abril protagonizará Xoel López, que presentará o seu último traballo, “Si mi rayo te alcanzara”. O concerto comezará ás 20.30 horas e dará a coñecer ao público o máis variado da carreira musical de López, con dez novas cancións, e que marca unha etapa caracterizada pola evolución deste músico galego. Na actualidade está o aforo completo para este concerto, ao estar vendidas as 250 entradas do permitido nas instalacións polo momento, se ben no caso de que se poida ampliar se así o indican as autoridades sanitarias se porán á venda máis entradas.
Na xornada do 24 de abril o actor Alberto San Juan trae a Narón a súa obra “Autorretrato de un joven capitalista español”, a partir das 20.00 horas. San Juan métese na pel dun capitalista que non está disposto a perder todo aquilo que acumulou ao longo da súa vida nin a rebaixar o seu nivel de vida, interesándose en preservar a súa fama, as súas propiedades… Finalmente, os días 31 de abril e 1 de maio poderase ver –ás 20.30 e 20.00 horas, respectivamente- a obra “A lingua das bolboretas”, de Sarabela Teatro. O espectador será testemuña do proceso de aprendizaxe do protagonista da man do seu mestre e tamén da dureza de vivir o estalido da Guerra Civil.
As entradas dispoñibles para os espectáculos programados poden adquirirse ata completar o aforo no despacho de billetes do Pazo da Cultura ou na web: www.padroadodecultura.es.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2021 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal