Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO CONMEMORA ESTA SEMANA CON VARIOS ACTOS O DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO
O CONCELLO CONMEMORA ESTA SEMANA CON VARIOS ACTOS O DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO
O acto central terá lugar este xoves no Consistorio, coincidindo co 8 de abril, e tamén hai varias propostas na Biblioteca e ludoteca municipais
Narón, 6 de abril de 2021. O Concello conmemorará o vindeiro xoves o Día Internacional do Pobo Xitano cunha homenaxe a unha persoa de etnia xitana sobre a que se recoñecerá a súa traxectoria profesional. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidirá o acto que terá lugar no Concello e ao que están convidados os portavoces dos grupos políticos da corporación local. Un ano máis, dende o Consistorio e en colaboración coa asociación Acción Familiar Ferrol (AFA Ferrol) desenvólvese estes días un completo programa dirixido á cidadanía en xeral e co fin de conmemorar tan sinalada data e loitar contra calquera manifestación de racismo.
No transcurso do acto procederase a ler o manifesto do Día Internacional do Pobo Xitano, no que se recorda a todas as persoas que loitaron e a resistencia do colectivo fronte ás violencias, persecucións e opresións, tal e como se contempla no documento. A maiores, tamén no Concello se proxectará un vídeo coas imaxes da exposición de fotografías de mulleres e homes de etnia xitana, unha mostra que se inaugurará o xoves e co título “Xitanos e xitanas de Narón, a nosa historia”. Algo máis dunha docena de imaxes e unha de carácter explicativo conforman esta mostra, que poderá visitarse no baixo da Biblioteca ata o vindeiro 16 de abril.
Así mesmo, coincidindo cos actos conmemorativos do 8 de abril editarase un vídeo realizado con imaxes que enviaron varias persoas a título particular con mensaxes de apoio ao pobo xitano. O vídeo difundirase a través das redes sociais do Concello naronés.
Na Biblioteca do Alto permanece dende onte unha exposición bibliográfica que se pode visitar durante toda esta semana, no horario habitual de apertura das instalacións.
Ademais, as nenas e nenos de entre 3 e 12 anos tamén tiveron onte a oportunidade de traballar en actividades conmemorativas do Día Internacional do Pobo Xitano. En concreto os menores que acudiron ás citadas instalacións participaron nun obradoiro que terá continuidade mañá e o xoves día 8, que consiste na elaboración dun gran crebacabezas no que se representa unha imaxe simbólica da historia e cultura do pobo xitano. Xogos, pasatempos e outras actividades artísticas completan as propostas nas que se implicaron xa varias nenas e nenos da cidade.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2021 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal