Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PAZO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA A REPRESENTACIÓN DOS ESPECTÁCULOS "MELANCOHOLEMIA" E "DON GAIFEROS"
O PAZO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA A REPRESENTACIÓN DOS ESPECTÁCULOS
As entradas dispoñibles ata completar o aforo poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web: www.padroadodecultura.es
Narón, 12 de abril de 2021. O Pazo da Cultura acollerá esta fin de semana a representación de dous espectáculos teatrais, a comedia “Melancoholemia” e a obra de teatro musical “Don Gaiferos”, o sábado 17 e o domingo 18 respectivamente. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es ata completar o aforo permitido na actual situación sanitaria.
A compañía Con de Tres Pés SL. trae a Narón a comedia “Melancoholemia”, obra de Antón Reixa e na que ademais actúa compartindo escenario con Antela Cid. Reixa interpreta a un paciente dunha institución mental que recibe aos convidados nunha sesión de portas abertas. A posta en escena complétase coa presencia de Antela Cid e tamén coa música de Cachopou, dirixidos polo dramaturgo vasco Fernando Bernués. A obra prevista para este sábado comezará ás 20.00 horas.
Na xornada do domingo o Pazo acollerá un espectáculo dirixido a público familiar e infantil: “Don Gaiferos”, da compañía Monicreques de Kukas. A partir das 18.00 horas poderase ver esta obra na que actores, monicreques e músicos, a modo de opereta protagonizan un romance popularizado por Don Faustino Santalicese, no que incorporan cancións e músicas do folclore galego. A historia conta un dos milagres atribuídos ao Apóstolo Santiago e narra a viaxe do peregrino francés Gaiferos de Monmartlan ata a súa morte aos pés do Santo na catedral de Santiago de Compostela. No seu camiño atopará diversos personaxes que representan os arquetipos das persoas que peregrinan a Compostela.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal