Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
COMEZAN AS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DUN NOVO PARQUE INFANTIL NO LUGAR DE VILACORNELLE, NA PARROQUIA DO VAL
COMEZAN AS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DUN NOVO PARQUE INFANTIL NO LUGAR DE VILACORNELLE, NA PARROQUIA DO VAL
Os edís de Servizos, Ibán Santalla, e Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse á zona na que se iniciaron os traballos, que suporán ás arcas locais un desembolso duns 45.000 euros
Narón, 13 de abril de 2021. Os edís de Servizos, Ibán Santalla, e Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse á parroquia do Val, donde estiveron acompañados por integrantes da AVV “Os Irmandiños”, con motivo do inicio dos traballos de construción dun novo parque infantil. O Concello destina a esta actuación unha partida duns 45.000 euros, contía coa que se habilitará unha zona de xogos para as nenas e nenos no lugar de Vilacornelle, nunha parcela de titularidade municipal ubicada nas inmediacións do colexio do Val, o local social e a pista polideportiva da parroquia.
Dende o goberno local avanzouse que o novo parque terá unha zona especificamente delimitada para instalar unha tirolina, un columpio dobre e outro de serpe e unha vagoneta. A previsión é que os traballos actualmente en execución estean rematados a comezos do verán.
A materialización deste proxecto permitirá cumprir un compromiso acadado polo goberno local coa veciñanza da parroquia e, ao mesmo tempo, ampliar o número de zonas de lecer ubicadas no rural naronés, neste caso no Val. Nesa mesma parroquia, tal e como se recordou dende o Consistorio, acondicionouse o pasado ano unha parcela de aproximadamente 2.000 metros cadrados xunto ao centro cívico social na que se instalaron mesas e bancos de pedras, plantáronse varias especies de árbores… O parque que agora se está construíndo ofrecerá novas alternativas de ocio para as nenas e nenos nese mesmo entorno, ao estar integrado nesa área que xa acondicionou o Concello naronés.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal