Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
INAUGURADO UN NOVO PARQUE INFANTIL NO ALTO DO CASTIÑEIRO
INAUGURADO UN NOVO PARQUE INFANTIL NO ALTO DO CASTIÑEIRO
Está situado na rúa 25 de Novembro e dispón dunha pequena praza órredor
Narón, 25 de Setembro de 2009.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e o Concelleiro de Obras, Carlos Díaz Ramil, inauguraron hoxe unha praza e parque infantil situado na rúa 25 de Novembro, no Alto do Castiñeiro. Esta obra supuxo unha inversión municipal de 80.000 euros, repartidos nos 600 metros cadrados dos que dispón o novo espazo público.

A obra foi realizada no prazo de tres meses, pola empresa Construcciones Germán Mouzo S.L. Sobre esta parcela urbanizouse un paseo diagonal de losa, e foi instalado un pequeno parque infantil (con columpios e varios balancíns), ademáis de mobiliario urbán (6 farolas de acero inoxidable, 4 bancos, 2 papeleiras e unha fonte) e prantación de céspede.

O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, explicou que o Concello leva moitos anos mercando patrimonio para realizar obras que repercutan na mellora da calidade de vida dos cidadáns. “Agora estamos na última fase, que é a de poñer bonito Narón”, comentou. O rexedor expresou a intención do goberno municipal de ir abrindo parques e prazas por todo o municipio, aumentando así o número de zonas verdes das que dispón o Concello.

A este respecto tamén se pronunciou o Concelleiro de Obras. Carlos Ramil lembrou a recente apertura da última fase do parque fluvial do Río Freixeiro e anunciou novas actuacións pendentes de rematar. “Temos outras dúas prazas por inaugurar, a da rúa 25 de Xullo e a da rúa Cangas, case finalizadas”, dixo. O edil tamén explicou que estase a mellorar o entorno do parque de O Couto “para que os veciños poidan disfrutar de espazos públicos coma éstos”, comentou.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal