Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CENTRO MUNICIPAL DE FORMACIÓN IRMÁS FROILAZ ACOLLE DENDE HOXE UN CURSO DE "ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS" DO PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO
O CENTRO MUNICIPAL DE FORMACIÓN IRMÁS FROILAZ ACOLLE DENDE HOXE UN CURSO DE
Quince mulleres participan nesta acción formativa e ao rematar o curso obterán un certificado de profesionalidade nun ámbito cun elevado grao de inserción laboral
Narón, 13 de abril de 2021. Un total de quince mulleres de Narón e doutros concellos da comarca participan dende hoxe nun curso de Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, enmarcado no Programa Integrado de Emprego de Galicia que a Xunta concedeu á Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol. O Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz acolle esta convocatoria, que se desenvolverá de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 horas. As mulleres que rematen este curso obterán un certificado de profesionalidade nun ámbito no que a demanda de persoal é cada vez maior, como así o constata o elevado grao de inserción laboral do alumnado das anteriores edicións, que nalgúns casos accedeu a un posto de traballo antes de rematar o curso.
O Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, que comezou o pasado mes de novembro, diríxese a mulleres en situación de desemprego empadroadas nos concellos de Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño e que cumpran unha serie de requisitos estipulados na convocatoria. Nos vindeiros meses levaranse a cabo a través deste programa outras accións profesionalizantes, como Comercio, almacenaxe e loxística, Auxiliar de coidados e atención á infancia, Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais (tamén con certificado de profesionalidade), Carnizaría e chacinaría, Peixaría e Deseño gráfico, deseño de páxinas web e Community manager.
Así mesmo, Informática para a busca de emprego, Emprendemento e cooperativismo, Entrevista laboral e Habelencias sociolaborais para a busca de emprego forman parte da formación transversal que se está levando a cabo nos concellos que forman parte do Programa Integrado de Emprego de Galicia. Ademais, tamén se impartirán outros sobre capacitación en Inglés, Informática básica, Mobilidade laboral, Coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, Manipulación de alimentos e Prevención de riscos laborais.
A Xunta de Galicia e o Servicio Público de Empleo Estatal financian esta convocatoria, con 225.000 euros de 250.000 do seu custe total. Este programa ten unha duración de 12 meses e o seu obxectivo principal é achegar ferramentas ás participantes de xeito que melloren a súa empregabilidade e, polo tanto, a súa inserción laboral. Para acadar este obxectivo conxúganse accións individuais co persoal técnico do programa (orientación laboral, asesoramento, itinerarios personalizados de inserción) con accións formativas tanto cualificantes (atención sociosanitaria, administración, comercio e loxística, peixaría, carnizaría...) como de tipo transversal (informática, idiomas, habelencias sociolaborais, talleres de busca de emprego, talleres de entrevista...).
Así mesmo, abórdase a prospección laboral mantendo contactos coas empresas da contorna para coñecer as necesidades actuais do mercado e as posibles ofertas de emprego para poñelas en contacto coas usuarias do programa. O obxectivo mínimo de inserción laboral da actual convocatoria do Programa Integrado de Emprego é do 35%.
As persoas interesadas en cara a incorporarse a vindeiras convocatorias poden indicalo expresamente na Oficina de Emprego, indicando o código 930, para que quede reflectido na súa demanda de servizos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal