Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A XUNTA ANUNCIA CAMBIOS NAS RESTRICIÓNS POLA COVID-19 QUE ENTRARÁN EN VIGOR O VINDEIRO VENRES
A XUNTA ANUNCIA CAMBIOS NAS RESTRICIÓNS POLA COVID-19 QUE ENTRARÁN EN VIGOR O VINDEIRO VENRES
Unha das medidas que se aplicarán é o retraso dunha hora na restrición da mobilidade nocturna, que pasará a ser a partir das 23.00 horas
Narón, 14 de abril de 2021. A Xunta de Galicia anunciou hoxe as novas medidas no proceso de desescalada en Galicia que entrarán en vigor ás 00.00 horas do vindeiro venres 16 de abril. Unha delas será o cambio no horario da restrición da mobilidade nocturna -actualmente fixada ás 22.00 horas- que pasará a retrasarse ás 23.00 horas.
En canto á hostalería, o peche xeral (bares) mantense ás 21.00 horas, se ben poderán abrir ata as 23.00 horas os locais de hostalería (restaurantes) que teñan licenza de restaurante sempre e cando dispoñan de sistemas de reserva e cita previa, sistemas de rexistros de clientes analóxicos ou dixitais e medidores de concentración de CO2.
Así mesmo, manterase o peche perimetral da comunidade autónoma galega e só se poderá saír por motivos xustificados (sanitarios, laborais...).
No que respectá ás reunións sociais, seguirán limitadas a un máximo de catro persoas no interior e seis no exterior tanto no ámbito público como no privado.
Ademais, avanzouse que unha vez rematado o proceso de vacinación das persoas usuarias das residencias de maiores e de discapacidade, flexibilizarase a apertura destes centros: os residentes poderán recibir visitas de calquera dos seus familiares e achegados, iso si, sempre con cita previa. As saídas dos residentes que ata o de agora limitábanse a dúas á semana de dúas horas como máximo, pasarán a permitirse ata tres á semana, de ata catro horas.
Os concellos das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal están en nivel medio-baixo de restricións, excepto Ortigueira que está en nivel medio.
A nivel xeral recordouse a importancia de continuar cumprindo escrupulosamente todas as medidas sanitarias para evitar posibles contaxios por coronavirus, entre elas o uso obrigatorio da máscara, o mantemento da distancia de seguridade e lavar as mans con frecuencia.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
20
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal