Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PAZO DA CULTURA ACOLLE ATA O 28 DE ABRIL A EXPOSICIÓN "DON GAIFEROS POLOS CAMIÑOS CARA A COMPOSTELA"
O PAZO DA CULTURA ACOLLE ATA O 28 DE ABRIL A EXPOSICIÓN
O concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, animou ás veciñas e veciños de Narón e doutros concellos a desprazarse ata o Pazo para ver esta orixinal mostra
Narón, 16 de abril de 2021. O Pazo da Cultura acolle ata o vindeiro 28 de abril a exposición “Don Gaiferos polos camiños cara a Compostela”, de Os Monicreques de Kukas, que conta co respaldo da administración autonómica no marco do Xacobeo 2021 e da Deputación da Coruña. As persoas que se acheguen ata as instalacións poderán ver na zona do hall as dúas partes das que consta a mostra, unha con planas orixinais do comic realizado por Marcelino de Santiago e Agustín de Castro no seu día sobre esta peza e a outra con monicreques de fíos e decorados da mesma.
A obra, dirixida a público familiar e que se poderá ver este domingo ás 18.00 horas no Pazo da Cultura, conta a historia dun peregrino francés ata a súa morte aos pés do Apóstolo Santiago, en Compostela.
O concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, animou ás veciñas e veciños de Narón e tamén doutros concellos a desprazarse ata o Pazo da Cultura para ver esta exposición “moi orixinal e que permite coñecer un pouco máis o gran traballo que realiza a compañía galega Os Monicreques de Kukas e tamén profundizar en varios detalles da obra “Don Gaiferos” que este domingo se poderá ver no Pazo”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal