Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O ALCALDE REÚNESE COA ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE TALLERES DE REPARACION DE VEHÍCULOS
O ALCALDE REÚNESE COA ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE TALLERES DE REPARACION DE VEHÍCULOS
O encontro servíu para coñecer a situación actual do sector en Narón
Narón, 6 de outubro de 2009.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, ven de manter un encontro coa directiva da Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de A Coruña, no Concello de Narón. No transcurso desa entrevista, abordáronse diversos temas relacionados coa situación deste sector empresarial coma a venta de vehículos na vía pública.

Sobre este asunto, a asociación de talleres de reparación expresou o seu malestar pola presenza de vehículos expostos para a súa venta na vía pública, unha actividade que se incrementa os días festivos e fines de semana e supón unha actividade ilegal. O rexedor aseguroulles que o Concello está a realizar unha vixianza sobre esta actividade, que se mantendrá e intensificará en zonas concretas coma o entorno do Centro Comercial e de Ocio Dolce Vita-Odeón, onde se rexistra unha maior presenza deste tipo de vehículos.

Outra das dúbidas da asociación de talleres de reparación de vehículos da provincia pasaba polo pago das tasas por entrada e paso de carruaxes ós talleres. Jose Manuel Blanco aclaroulles que o Concello só cobra as taxas correspondentes ós vados de entrada ós talleres (estacionamento), non as tasas por “paso de carruaxes”.

O terceiro tema tratado nesta reunión foi o da presenza de talleres clandestinos de reparación de automóviles. Dende a asociación provincial solicitouse un seguimento por parte do Concello dos talleres sen licencia, co fin de proceder ó seu peche. O Alcalde informoulles de que a Concellería de Medio Ambiente xa está a realizar un seguimento –a través da Policía Local- do número de negocios destas características.

Con relación ó tratamento de resíduos industriais nos talleres, o Alcalde informoulles de que este tipo de elementos (coma salpicaderos ou defensas) deben ser retirados por parte dos talleres, chamando directamente a un xestor



destos materiais, xa que o Concello non ten a competencia municipal sobre os mesmos.

Finalmente, na xuntanza mantida se prantexou ó Concello a posibilidade de ampliar o Centro de Formación da Comarca de Ferrolterra (ubicado en Xuvia), onde se imparten cursos relacionados con este sector. En concreto, se desenvolven anualmente dous cursos do Plan FIP (da Xunta de Galicia) de Chapista e Pintor de Vehículos, e Electricista Electrónico de Vehículos, e tamén cursos de reciclaxe profesional para personal de talleres.

Dada a gran demanda de formación neste sector, a asociación solicitou ó Concello a ampliación do local ou a dotación doutro espazo de maior tamaño para poder desenvolver tódala actividade programada. O Alcalde de Narón comprometeuse a estudiar o tema, valorando a posibilidade de ampliar as instalacións actuais e se fora posible, encargaríase no 2010 un proxecto para levalo a cabo.

Nos últimos oito anos, pasaron polo Centro de Formación un total de 527 alumnos que participaron en distintos cursos promovidos por administracións públicas e outras entidades (coma Cáritas). A metade dos alumnos (o 50%) procedían do municipio de Narón, mentres que outro 40% venían dende Ferrol e o 10% restante doutros concellos da comarca. A Asociación de Talleres de Reparación calcula que o 85% destos alumnos incorporáronse xa ó mundo laboral.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal