Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ HOXE E MAÑÁ NA CIDADE
O vehículo estará hoxe todo o día e mañá pola mañá xunto ao centro de saúde do Alto e desprazarase mañá pola tarde ás inmediacións da Praza da Constitución, na Solaina
Narón, 19 de abril de 2021. Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) permanece hoxe nas inmediacións do centro de saúde do Alto, en horario de 9.30 a 14.30 e de 15.30 a 21.00 horas e mañá estará en horario de mañá nesa mesma ubicación, entre as 9.30 e as 14.30 e pola tarde, de 16.00 a 21.00 horas, nas inmediacións da Praza da Constitución, na Solaina. As persoas que acudan a doar poderán reservar cita previamente chamando –de balde- ao número de teléfono 900 100 828. Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberanse esperar dúas horas para realizar a extracción. Antes de doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal