Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACORDA OS SERVIZOS MÍNIMOS QUE ESTARÁN OPERATIVOS NA XORNADA DE FOLGA DO SERVIZO DE LIMPEZA CONVOCADA PARA ESTE XOVES
O edil de Servizos, Ibán Santalla, indicou tras manter unha xuntanza con representantes sindicais, que na cidade se manterá o 25% do horario habitual durante a xornada de folga
Narón, 19 de abril de 2021. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, mantivo unha xuntanza cos representantes sindicais que convocan a folga de limpeza en empresas que traballan edificios da provincia da Coruña co fin de acordar os servizos mínimos que estarán operativos na xornada do vindeiro xoves, día 22 e primeiro día de paro dos tres previstos inicialmente. Santalla indicou que na cidade se manterá o 25% do horario habitual, “unha cifra que permitirá manter os protocolos de limpeza e desinfección que a diario se levan a cabo nos edificios nos que o Concello ten contratado o citado servizo”. Eses servizos mínimos establecidos manteranse nos colexios da Solaina, A Gándara, Piñeiros, Xuvia, Domirón, Sedes, Freixeiro, O Val e San Xiao, así como no pavillón polideportivo do CPI O Feal e tamén na nave municipal de Servizos, no Auditorio municipal, a Casa da Cultura, o Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, a Casa da Mocidade, a Ludoteca da Solaina, a Biblioteca municipal, o Pazo da Cultura, o edificio do Concello, o antigo Concello de Xuvia –donde se localizan as oficinas do xulgado-, as instalacións do Speis e os aseos dos paseos marítimos de Xuvia e Freixeiro. Os vindeiros días nos que está convocada a folga para denunciar o bloqueo nas negociacións do convenio laboral son o 11 e o 12 de maio.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal