Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO PRESENTA A NOVA PÁXINA WEB DO SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DE NARÓN
O CONCELLO PRESENTA A NOVA PÁXINA WEB DO SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DE NARÓN
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Ensino, Mercedes Taibo, foron as encargadas de presentar o novo portal web
Narón, 20 de abril de 2021. O Servizo de Normalización Lingüística do Concello dispón dende hoxe dunha nova páxina web, á que se pode acceder dende o enderezo: www.naronengalego.gal, cun acceso propio dende a web municipal (www.naron.es). A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, presentaron esta mañá a web, que é unha ferramenta máis completa, sinxela e intuitiva que a que estaba funcionando ata o momento.
A páxina estrutúrase en cinco apartados: dinamización, formación, asesoramento, actividades e novas, que se actualizarán periodicamente para que as persoas que accedan a ela dispoñan de información sobre o traballo que en cada momento se realiza dende este departamento municipal. No apartado de dinamización pódese consultar información sobre diferentes programas impulsados ou nos que participa o citado servizo, como “Do berce á rúa”, “Apego”, “Club de debate”, “O nobelo do tempo en Narón”… Así mesmo, na área de formación recompílanse cursos específicos, información de difusión dos cursos Celga de galego e de linguaxe administrativa, difúndese material e recursos en lingua galega... A maiores, no apartado de asesoramento podemos atopar que entre as tarefas do servizo están as de resolver dúbidas e realizar correccións e traducións de textos; no de actividades pódense consultar as propostas que se programan dende o SNL e no de novas figura información de interese sobre a lingua galega.
A nova web complementa o traballo de difusión que se realiza tamén a través da páxina de Facebook do SNL na que tamén se difunden as actividades e programas, entre outros recursos cos que se traballa.
“Queremos que a xente dispoña de todos os recursos que dende o Concello se ofrecen a través do Servizo de Normalización Lingüística dun xeito sinxelo para así poder facer uso deles e estar informados puntualmente”, asegurou Ferreiro. A alcaldesa destacou o cambio realizado e incidiu en que se levou a cabo “pensando nas veciñas e veciños da nosa cidade, que participan moi activamente nos diferentes programas que desenvolvemos ao longo do ano a través do Servizo de Normalización Lingüística”.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal