Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA E A EDIL DE BENESTAR SOCIAL REUNÍRONSE COA PRESIDENTA DA ASOCIACIÓN DE PERSOAS XORDAS DE FERROLTERRA
Marián Ferreiro e Catalina García valoraron o traballo que realiza a entidade e comprometeron o apoio do Consistorio mantendo o convenio de colaboración
Narón, 20 de abril de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Benestar Social, Catalina García, mantiveron esta mañá unha reunión con Teresa Gallo e María López, presidenta e monitora de Servizos á comunidade, respectivamente, da Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (AXF). No transcurso da convocatoria abordaron, entre outros asuntos, o mantemento do convenio de colaboración que o Concello ten en vigor dende hai anos coa entidade e a través do que se realizan diferentes actividades e se prestan determinados servizos. As representantes da AXF valoraron o resultado do encontro, que calificaron de “moi produtivo” e plantexaron a posibilidade de materializar novas propostas no marco do convenio coa administración local. Teresa Gallo agradeceu a receptividade tanto de Ferreiro como de García para analizar algunhas das propostas plantexadas e que se comprometeron a enviar por escrito nos vindeiros días. Pola súa banda, a alcaldesa e a concelleira de Benestar Social destacaron o labor que desenvolve a Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra e agradeceron a súa implicación á hora de participar en diferentes iniciativas e actividades impulsadas dende o Concello. Así mesmo, amosaron a súa disposición a abordar as novas propostas que se remitirán ao Concello e animaron ao colectivo a continuar traballando na mesma liña, para o que ofreceron a colaboración, como noutros anos, do Consistorio naronés.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal