Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PAZO DA CULTURA ACOLLEU ESTA TARDE A PRESENTACIÓN DO LIBRO: "COSAL: COMITÉ DE SOLIDARIEDADE CON AMÉRICA LATINA. UNHA EXPERIENCIA SOLIDARIA EN FERROLTERRA 1979-1995"
O PAZO DA CULTURA ACOLLEU ESTA TARDE A PRESENTACIÓN DO LIBRO:
A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, asistiu á convocatoria, na que tamén estiveron os tres exalcaldes da cidade, Antonio Martínez Aneiros, Xoán Gato e José Manuel Blanco
Narón, 22 de abril de 2021. A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, asistiu esta tarde á presentación do libro “Cosal: Comité de solidariedade con América Latina. Unha experiencia solidaria en Ferrolterra 1979-1995”. O Pazo da Cultura acolleu a convocatoria, que deu comezo ás 19.30 horas e na que interviñeron os tres autores da publicación, Antón Blanco, Xaquín Ros e Anxo Ferreiro, tras presentalos o director técnico do Padroado da Cultura, Luciano Fernández.
Na publicación, en cuxa edición participou o Concello de Narón, entre outros da comarca, os autores recompilaron información das mostras e accións solidarias que se levaron a cabo na comarca con países de América Latina, plasmando deste xeito unha historia colectiva de solidariedade internacional.
Estiveron tamén presentes na convocatoria Antonio Martínez Aneiros, Xoán Gato e José Manuel Blanco, tres exalcaldes da cidade coñecedores en primeira persoa desas mostras solidarias que se impulsaron dende o Consistorio naronés a partir do ano 1979. A día de hoxe o Concello colabora tamén con entidades e causas encamiñadas a mellorar as condicións de vida de persoas que viven en países máis desfavorecidos, unha solidariedade que se plasma tanto a través de achegas económicas para materializar proxectos como da entrega de material.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal