Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA UNA XORNADA INFORMATIVA DA TDT DIRIXIDA A TÓDOLOS NARONESES
Será o xoves 8 de outubro ás 7 da tarde no Auditorio Municipal
Narón, 6 de Outubro de 2009.- A Concelleira de Promoción Económica e 1ª Tenente de Alcalde de Narón, Angeles Díaz Pardo, ofreceu hoxe unha rolda de prensa para presentar a Xornada Informativa sobre a Televisión Dixital Terrestre (TDT) que se celebrará o xoves 8 de outubro no Auditorio Municipal, a partires das 19 horas. Contarase coa presenza de Ignacio Otero, subdirector xeral de enxenería e planificación de telecomunicación, radio, televisión e multimedia da Xunta de Galicia, ademáis dun responsable da oficiña técnica da TDT en Galicia, e a presidenta da asociación de instaladores de antenas de Galicia (ASIMELET). “Organizamos esta xornada en Narón, pero está dirixida a toda a comarca e na mesma imos a analizar a situación dos nosos municipios respecto á Televisión Dixital Terrestre”, indicou a Tenente de Alcalde, lembrando que en Narón o apagón analóxico está fixado para decembro de 2009. Os asistentes a esta charla recibirán tódala información sobre as actuacións que deberán realizar en caso de non recibir a sinal da TDT (ampliar a sinal da tv, reorientar as antenas, ou cambiar os aparatos…). Ademáis, para despexar calqueira tipo de dúbida sobre este tema, a Concellería de Novas Tecnoloxías ven de poñer en funcionamento un servizo de información telefónica (981 33 77 00 – extensión 1517) no que os veciños poderán despexar cuestións sobre cómo realizar o cambio da sinal de televisión analóxica a dixital. Na xornada sobre a TDT tamén se analizará a problemática xurdida en determinadas zonas do municipio, ás que non chega a sinal da televisión. O Concello dispón dun estudio realizado pola Xunta de Galicia no que se evidencia que existen algunhas parroquias sen cobertura da TDT, para as cales xa se teñen deseñado medidas específicas. Os puntos nos que se rexistran problemas de cobertura son os lugares de Ferrerías, Pedroso, O Val (zonas de Rodeiro e Pradelo), e Doso (As Cerdeiras). En total suman aproximadamente 300 vivendas as que deberían realizar algún tipo de axuste para poder recibir correctamente a sinal dixital da televisión. O Concello propón diferentes solucións para levar a cobertura da TDT a estos lugares. Así, en Ferrerías e Pedroso bastaría con reordenar e reorientar as antenas de televisión, mentras que en O Val o Concello está disposto a instalar un microemisor e no caso de Doso tería que facerse vía satélite. Na zona de As Cerdeiras, pertencente a esta parroquia, resulta moi complicada a chegada da sinal de TDT, polo que haberá que instalar nos domicilios un aparato cunha clave facilitada pola Xunta, para poder recibir a sinal vía satélite. A xornada sobre a TDT incluirá información específica para os veciños residentes nestas parroquias da zona rural de Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal