Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O VINDEIRO LUNS COMEZARÁN AS CHARLAS SOBRE A CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMICILIARIA DIRIXIDA A VECIÑAS E VECIÑOS DA ZONA RURAL
O edil de Servizos, Ibán Santalla, animou á veciñanza a acudir ás charlas informativas programadas no Val, en San Xiao e Sedes, nas que poderán anotarse nesta campaña
Narón, 24 de abril de 2021. O local social do Val acollerá o vindeiro luns, día 26, a primeira das charlas organizadas polo Concello para difundir a campaña de compostaxe domiciliaria para promover na zona rural a reciclaxe da fracción orgánica dos residuos en orixe. A cita desenvolverase de 17.00 a 19.00 horas e no transcurso da mesma, tal e como indicou o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, as persoas interesadas en participar poderán anotarse na mesma. O edil naronés recordou que se programaron outras dúas xornadas con esta mesma finalidade que terán lugar o martes 27 no centro cívico social de San Xiao e o xoves 29 no de Sedes, nese mesmo horario. Poderán participar nesta campaña un centenar de veciñas e veciños da zona rural que dispoñan dunha zona de horta e/ou xardín, donde deberán colocar o composteiro que se lles entregará e que tamén se comprometerán a facilitar o seguemento do seu traballo por parte de técnicos especialistas nesta materia. O edil naronés explicou que esta iniciativa se desenvolverá en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, no marco do programa Feder 2014-2020. Santalla destacou a importancia de dar saída aos residuos orgánicos evitando depositalos nos contenedores e incidiu en que trala entrada en vigor do novo contrato de recollida de residuos sólidos urbáns se instalarán no termo municipal contenedores de cor marrón –quinta fracción- para a recollida dese tipo de residuos orgánicos. O concelleiro naronés animou á veciñanza do rural a participar nesta campaña e avanzou que nos vindeiros meses se programarán na cidade novas iniciativas encamiñadas a fomentar a reciclaxe.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal