Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA CONMEMORARÁ ESTA SEMANA CON VARIAS PROPOSTAS O DÍA INTERNACIONAL DA DANZA
A Praza de Galicia acollerá o vindeiro xoves, día 29, un espectáculo no que participarán catro compañías galegas
Narón, 26 de abril de 2021. O Padroado da Cultura e a compañía Pisando Ovos celebrarán na cidade con varias propostas o Día Internacional da Danza, que se conmemora o vindeiro 29 de abril. A presidenta do Padroado e alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, explicou que coincidindo con esa data se levará a cabo un programa especial, coa axuda ao Impulso ás Artes Escénicas do Agadic-Xunta de Galicia e o apoio da Rede Cultural da Deputación da Coruña e Galicia Danza Contemporánea. Ferreiro avanzou que esa programación permitirá ver os últimos traballos de Pisando Ovos e tamén doutras tres compañías galegas o vindeiro xoves na Praza de Galicia ás 18.30 horas, se ben en caso de choiva a actividade trasaldarase ao Auditorio municipal, tamén na Praza de Galicia. Os traballos que se poderán ver –dunha duración de entre dez e corenta minutos- son “Meta”, de Cristina Montero; “Set”, de Paula Quintas, coa compañía Traspediante; “Le Bruit”, de Masa Madre e “Directo 9”, de Pisando Ovos. Esta última compañía, en colaboración co Padroado da Cultura de Narón, recibiu o pasado ano unha axuda do Agadic ao impulso do sector escénico, coa finalidade de reactivar as súas producións debido á crise da covid-19. A primeira fase levouse a cabo os pasados meses de outubro e novembro, cos ensaios da súa última produción, “Directo 9”, e obradoiros de movemento, e a segunda fase terá lugar do 27 ao 29 de abril, na semana adicada na cidade á celebración do Día Internacional da Danza 2021. O Pazo da Cultura acollerá dende mañá ata o xoves os ensaios do proceso creativo de “Directo 9” e o mércores 28 convocáronse obradoiros de movemento na Escola de Teatro de Narón, con Rut Balbís, directora da compañía de danza contemporánea Pisando Ovos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal