Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PARQUE DE XUVIA ACOLLERÁ MAÑÁ UN OBRADOIRO DE FABRICACIÓN DE PAPAVENTOS E PAPIROAERONÁUTICA
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, recordou que se trata dunha proposta de balde dirixida a menores a partir de seis anos e que non require inscrición previa
Narón, 29 de abril de 2021. O Concello organizou a través do Servizo de Normalización Lingüística un Obradoiro de papavenros e papiroaeronáutica que terá lugar mañá venres, de 17.00 a 19.00 horas, no parque de Xuvia (á altura do parque infantil do paseo de Xuvia). A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, recordou que se trata dunha iniciativa dirixida a menores a partir de seis anos e a través da que se aposta por “promover o uso da lingua galega no lecer”. O obradoiro será de balde e poderán participar todas as persoas que o desexen, non sendo preciso inscribirse previamente. Dende a organización estableceranse as medidas oportunas de prevención da covid-19, debendo os participantes levar máscara en todo momento. As nenas e nenos irán comezando o obradoiro por orde de chegada, estando limitado o número de participantes á capacidade da instalación, polo que os participantes se irán unindo a medida que queden ocos libres, tal e como se indicou.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es