Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO RETOMARÁ O VINDEIRO MES DE MAIO OS CONSELLOS TERRITORIAIS
O CONCELLO RETOMARÁ O VINDEIRO MES DE MAIO OS CONSELLOS TERRITORIAIS
A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, presidirá estes Consellos, nos que se poderá participar presencialmente ou vía telemática
Narón, 29 de abril de 2021. A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, anunciou que a partir do vindeiro mes de maio, e tamén en xuño, terá lugar unha nova convocatoria dos Consellos Territoriais de Narón, un dos órganos de representación que establece o Regulamento de Participación Cidadá do Concello. “Trátase de espazos de encontros entre a veciñanza de cada barrio ou parroquia con representantes municipais para promover o intercambio de necesidades e ideas de cada territorio e afondar na cohesión comunitaria e nos que animamos a participar a todas as nosas veciñas e veciños”, asegurou García.
A edil naronesa avanzou que a primeira da convocatorias será o vindeiro 10 de maio ás 19.00 horas no local social da AVV Virxe de Fátima, en Freixeiro, e a última o 10 de xuño, tamén as 19.00 horas, no Centro Cívico social de Doso, cunha duración estimada de dúas horas cada unha delas. Celebraranse un total de catorce encontros, un en cada barrio ou parroquia. O horario e emprazamento designados para cada un deles pode consultarse na páxina web: www.naron.es, así como nos perfís de Facebook e Instagram da Escola de Participación de Narón.
As xuntanzas desenvolveranse respectando todas as medidas hixiénicas e sanitarias derivadas da normativa da covid-19. Para garantir o control de aforo é necesaria confirmación de asistencia previa, que pode facerse enviando un correo electrónico á dirección: escolaparticipacion@naron.es ou chamando ao número de teléfono 603 865 413.
Os encontros son abertos e están dirixidos á cidadanía en xeral, e de maneira específica ás entidades asociativas do municipio. Están presididos pola concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, e moderados por persoal técnico da Escola de Participación de Narón. A estes Consellos Territoriais están convocados os e as representantes municipais doutras áreas do goberno e dos diferentes grupos políticos con representación na corporación local.
Este ano, como novidade, incorporarase a posibilidade de asistencia online ao espazo, para garantir o acceso de todas as persoas interesadas. No caso de preferir participar de maneira virtual será preciso contactar coa Escola de Participación no correo ou teléfono xa citados.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal