Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PLENO APROBOU A ADHESIÓN AO CONVENIO DA XUNTA PARA AXUDAR CON 175.000 EUROS AO SECTOR HOSTALEIRO LOCAL
O PLENO APROBOU A ADHESIÓN AO CONVENIO DA XUNTA PARA AXUDAR CON 175.000 EUROS AO SECTOR HOSTALEIRO LOCAL
A corporación local levou ao pleno unha declaración institucional en apoio ás reivindicacións do persoal da empresa Cándido Hermida
Narón, 29 de abril de 2021. O Concello acolleu hoxe o pleno ordinario de finais de mes no que se aprobou a adhesión ao convenio coa Xunta de Galicia para a concesión de axudas ao sector da hostalería cuxos negocios estiveron afectados polos peches derivados das restricións sanitarias aplicadas para a prevención da covid-19. Dende o Consistorio concederase unha axuda de 1.000 euros, a contía máxima permitida pola administración autonómica, tal e como se indicou, a cada un dos responsables dos establecementos que as solicitaron, 175 na cidade.
O concelleiro de Facenda, Román Romero, indicou que a través desta achega de 175.000 euros se aposta por complementar as partidas que entregará aos establecementos a administración autonómica e recordou que das 175 solicitudes formuladas concedéronse 114 e as 61 restantes están desestimadas. Autónomos, persoas físicas ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, microempresas e pemes do sector hostaleiro son os destinatarios destas axudas, para as que se esta mesma tarde se aprobou unha modificación de crédito.
O edil de Promoción Económica, David Pita, recordou que o Concello de Narón habilitou o pasado ano o programa Narón Impulsa, dotado con tres millóns de euros e destinado a empresarios/as e autónomos/as da cidade e, a maiores, adheriuse tamén ao programa PEL Reactiva da Deputación da Coruña, dotado con 457.292 euros, e aplicou unha bonificación ou exención de taxas “para darlles un mellor futuro”. Na mesma liña, o edil de Facenda avanzou que “seguiremos adiante dentro das nosas posibilidades” para ofrecer axudas que palíen os efectos da covid-19.
A alcaldesa, Marián Ferreiro, subliñou neste mesmo punto do pleno que no caso de que a Xunta de Galicia habilitase un plan como o hostaleiro aberto a máis sectores para ofrecerlles axuda “dende o Concello estaríamos encantados de colaborar”. Así mesmo, incidiu en que “a vontade do Concello de axudar está clara dende o momento que puxemos en marcha o programa Narón Impulsa, nos adherimos ao PEL Reactiva e tamén a este plan autonómico”, entre outras medidas.
Na sesión plenaria saíu tamén adiante unha declaración institucional de apoio ás traballadoras e aos traballadores da empresa Cándido Hermida. No documento os grupos políticos da corporación local –TEGA, PSOE, PP e BNG- manifestan o seu apoio ás reivindicacións do plantel da compañía para que se manteña a mesa de negociación na que poder abordar a actual situación entre as centrais sindicais e os responsables da empresa e abrir así unha vía de diálogo co fin de chegar a un acordo satisfactorio para ambas partes.
Así mesmo, aprobouse un expediente de modificación de créditos por importe de 835.835 euros, do cal 303.500 se destinarán a convenios con trece entidades deportivas, culturais e da área de Promoción Económica e tamén hai partidas para dotación de vehículos para a Policía Local; a ampliación do local social de San Mateo…
No pleno aprobouse o convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Federación Galega de Municipios e Provincias e outros concellos, entre eles o de Narón, para a obtención de imaxes aéreas de alta resolución xeorreferenciadas.
No apartado de mocións, das incluídas na orde do día todos os grupos respaldaron a presentada polo BNG sobre o incremento dos abusos bancarios e deterioro dos servizos financieiros en Galicia, sobre a que os nacionalistas aceptaron unha enmenda do PSOE. No documento solicítase ao goberno central que desenvolva as mudanzas oportunas para dar resposta á escalada de abusos bancarios en materia de restrición de servizos, pacto de horarios para limitar os servizos de caixa, incremento de comisións, reducións drásticas de persoal… e á Xunta a promover un marco de negociación para garantir a prestación de servizos en concellos sen oficinas bancarias. Tamén se solicita, entre outras medidas, que se leven a cabo campañas de formación e información dende o Instituto Galego de Consumo e apoiar as reivindicacións do persoal da banca en defensa dos seus postos e mantemento de servizos.
Fóra da orde do día aprobouse unha moción do PSOE sobre o protocolo de vacinación do persoal dos centros educativos públicos que tamén se aprobou por unanimidade. O edil de Sanidade, Santiago Galego defendeu a proposta, na que se solicita á Xunta a vacinación inmediata da totalidade do persoal que desenvolve o seu traballo nos centros de ensino públicos de Galicia para garantir a seguridade en ditos centros.
Galego defendeu tamén a moción do PSOE sobre o sistema sanitario público de Galicia, recoñecendo ao persoal o seu traballo, profesionalidade e dedicación durante a actual pandemia. No documento, aprobado por todos os edís da corporación excepto os do PP, ínstase á Xunta a elaborar un Plan para a Recuperación do Sistema Sanitario Público de Galicia e a modificación dos orzamentos para incrementar o número de profesionais sanitarios, ofrecerlles estabilidade laboral e erradicar a precariedade.
Finalmente aprobouse tamén por unanimidade a moción presentada polo BNG sobre o regulamento comunitario que supón un agravio para o sector pesqueiro galego, apoiando as demandas das confrarías de pescadores de Galicia esixindo a retirada da proposta de modificación do regulamento de control de pesca (CE) nº 1224/2009 aprobada no Parlamento Europeo en detrimento dos intereses da flota de pesca artesanal e do marisqueo de Galicia e ante a imposibilidade real do seu cumprimento.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal