Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA E A EDIL DE BENESTAR SOCIAL RECIBIRON A REPRESENTANTES DE ASPANAES PARA COÑECER NOVOS PROXECTOS DA ASOCIACIÓN
A ALCALDESA E A EDIL DE BENESTAR SOCIAL RECIBIRON A REPRESENTANTES DE ASPANAES PARA COÑECER NOVOS PROXECTOS DA ASOCIACIÓN
Marián Ferreiro e Catalina García reuníronse no Concello con Mercedes Fernández e José Alén, vicepresidenta e xerente, respectivamente, de Aspanaes
Narón, 30 de abril de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Benestar Social, Catalina García, recibiron esta mañá no Concello á presidenta e o xerente da Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista (Aspanaes), Mercedes Fernández e José Alén, respectivamente, para coñecer de primeira man o Servizo de Promoción de Autonomía Persoal (SPAP) da entidade.
Os representantes de Aspanaes trasladaron a Ferreiro e García as necesidades que ten actualmente a entidade, donde se rexistrou nos últimos meses un incremento da atención e demanda. Sobre este último asunto indicaron que a metade da demanda na comarca é de persoas da cidade, “o concello co maior índice de natalidade nesta zona”. A través do Servizo de Promoción da Autonomía Persoal ofrécense os servizos de detección, valoración e diagnóstico, atención temperá, estratexias socioeducativas e habilidades psicosociais. “É moi importante a celeridade no diagnóstico porque canto antes se atende ás persoas con autismo mellor calidade de vida se lles pode ofrecer e tamén evolucionan mellor”, asegurou a vicepresidenta de Aspanaes e presidenta da Federación de Autismo de Galicia. Así mesmo, tamén trasladaron a necesidade de dispoñer dun local propio, sen ter que compartilo, debido precisamente a ese incremento no número de persoas usuarias dos seus servizos e “porque queremos darlle un impulso neste concello á asociación”.
A alcaldesa destacou o traballo que realiza a asociación e tamén a colaboración que sempre amosa o seu persoal en materia de información e asesoramento ás veciñas e veciños da cidade. O Concello mantén un convenio coa entidade por un importe de 12.000 euros a través do que se impulsan diferentes iniciativas.
Os representantes de Aspanaes convidaron a Ferreiro e García a visitar o seu centro, convite que agradeceron e que se comprometeron a realizar en canto sexa posible. A alcaldesa e a edil naronesas manterán unha nova xuntanza cos integrantes da entidade unha vez que se analice a viabilidade das propostas que se abordaron na xuntanza mantida hoxe.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal