Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN EN TRES CURSOS DE NOVAS TECNOLOXÍAS QUE SE IMPARTIRÁN NA AULA CEMIT DE XUVIA
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN EN TRES CURSOS DE NOVAS TECNOLOXÍAS QUE SE IMPARTIRÁN NA AULA CEMIT DE XUVIA
As persoas interesadas, tal e como indicou a edil de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, deben anotarse a través da plataforma Cemit
Narón, 30 de abril de 2021. A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, anunciou a apertura do prazo de inscrición en tres accións formativas que se impartirán a partir dos vindeiros meses de maio a xullo na Aula Cemit de Xuvia. As persoas interesadas en anotarse –están abertas á cidadanía en xeral- deben facelo na plataforma Cemit, a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/centro/48.
Os cursos que se impartirán son: Ofimática, curso preparatorio exame Codix (232 horas), do 10 de maio ao 30 de xullo; Internet e informática básica (144 horas), do 10 de maio ao 30 de xuño e Xestión contable (88 horas), do 1 ao 30 de xullo. Cada unha destas accións formativas diríxese a un máximo de nove persoas –cumprindo os protocolos derivados da covid-19- e as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Ao anotarse na plataforma Cemit recíbese unha mensaxe de admisión, se ben a partir da petición número nove (superando a oferta) considéranse como reservas, polo que poderán realizar o curso no caso de que algunha das persoas que se anotou con anterioridade cause baixa e así se lle comunicaría á persoa que pasase a ocupar a praza. Todas as persoas admitidas en cada unha das accións formativas serán avisadas telefonicamente, días previos ao inicio do curso.
O curso de Ofimática, preparatorio do exame Codix celebrarase en quenda de mañá, entre as 9.30 e as 13.30 horas, do 10 de maio ao 30 de xullo. Sistema operativo, procura de información; aplicacións informáticas de tratamento de textos; de follas de cálculo, de bases de datos relacionais e para presentacións forman parte dos contidos desta convocatoria.
As clases de Internet e informática básica desenvolveranse entre o 10 de maio e o 30 de xuño, en horario de 16.00 a 20.00. O alumnado abordará temas como a fundamentación informática, que é un computador, os seus elementos e adaptacións, introdución ao sistema operativo, utilizador dun procesador de texto, internet, web 2.0 e introdución á administración electrónica.
O terceiro dos cursos, sobre Xestión contable, impartirase do 1 ao 30 de xullo de 16.00 a 20.00 horas e ten entre os seus contidos: documentos administrativos de compravenda, facturación, sistemas de información contable, plan xeral de contabilidade, contas anuais, contabilización por partida doble, facturación e contabilidade informatizada e aplicacións informáticas de contabilidade
O Concello mantén o recoñecemento de Aula de Referencia pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Xunta de Galicia), concedido pola intensa actividade que se desenvolve nestas instalacións ao longo do ano, tal e como recordou a concelleira de Novas Tecnoloxías. Natalia Hermida animou á veciñanza a anotarse nesta nova convocatoria formativa “que suporá ofertar na cidade un total de 464 horas máis de formación que se complementan coas accións formativas do Programa Municipal de Formación, iniciado o pasado mes de xaneiro no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara”.
As persoas que precisen máis información ou axuda para rexistrarse poderán solicitalo na Aula Cemit de Xuvia -no edificio do antigo Concello- dende o luns 3 ao venres 7 de maio en horario de 11.30 a 13.30.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal