Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A XUNTA INCLUIRÁ A NARÓN NA REDE DE TELECENTROS DE COMUNICACIÓN
A XUNTA INCLUIRÁ A NARÓN NA REDE DE TELECENTROS DE COMUNICACIÓN
A solicitude partíu da Concellería de Novas Tecnoloxías do Concello de Narón.
Narón, 9 de Outubro de 2009.- O secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro Durán, ven de enviar ó Alcalde de Narón unha comunicación informándolle que esta secretaría acepta a súa petición sobre a inclusión do Concello de Narón na Rede de Telecentros de Comunicación da Xunta de Galicia.

Esta xestión foi realizada o pasado 24 de setembro de 2009, a instancias da Concellería de Novas Tecnoloxías de Narón, dirixida por Paloma González Cuevas, quen promoveu esta iniciativa. A Secretaría Xeral de Medios contactará a principios do 2010 co Concello de Narón, para estudar a mellor ubicación posible para o telecentro de comunicación. A Edil de Novas Tecnoloxías asegurou que o lugar máis axeitado para ubicar este servizo é unha sala do antigo Concello –en Xuvia-. “Ó estar dotado de tecnoloxía wifi, permitiríanos ter acceso a Internet gratuito tamén na Praza de Xuvia”, declarou a Paloma González Cuevas.

Este lugar se dotaría de material informático (ordenadores e impresoras), equipos de videoconferencias, material audiovisual, pantallas de proxección e de plasma, e sistemas de control para os distintos usos que se ofrecen nos telecentros.

Os telecentros nacen coa idea de ser un espazo aberto de comunicación, onde familiarizar á cidadanía coas novas canles e soportes audiovisuais de comunicación e facilitar o acceso público a Internet. Tamén son útiles para mellorar a formación profesional dos especialistas en audiovisuais e multimedia. O Concello de Narón abrirá o novo espazo á cidadanía en xeral pero tamén a colectivos e asociacións.

Nos telecentros pódense realizar distintas actividades como cursos formativos e poñencias, teleformación, roldas de prensa, videoconferencias, visionado de audiovisuais, e edición e creación de material multimedia e/ou audiovisual. En Galicia existen xa telecentros nas catro provincias galegas, varios dos cales xa foron visitados pola Concelleira de Novas Tecnoloxías, Paloma González Cuevas, quen interesouse polo seu funcionamento. A RTC está coordinada polo Centro Multimedia de Galicia (con sede en Santiago), que centraliza toda a infraestructura técnica necesaria para dar cobertura ós mesmos.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal