Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO HOMENAXEOU AO PERSOAL VOLUNTARIO QUE ELABOROU OS CUBREBOCAS TRALO INICIO DA PANDEMIA POLA COVID-19
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e as edís de Benestar Social e Igualdade, Catalina García e Mar Gómez, respectivamente, acudiron á convocatoria celebrada onte no Auditorio municipal
Narón, 1 de maio de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e as edís de Benestar Social e Igualdade, Catalina García e Mar Gómez, respectivamente, acudiron a última hora da tarde de onte ao Auditorio con motivo da homenaxe que se ofreceu dende o Concello ás persoas voluntarias que elaboraron os cubrebocas tras decretarse a pandemia pola covid-19 e que se entregaron a diferentes colectivos. Medio centenar de mulleres e homes acudiron á cita na que se proxectou un vídeo en recordo e agradecemento do labor realizado “grazas ao que puidemos axudar a moitas persoas da nosa cidade e dispoñer de milleiros de cubrebocas en moi pouco tempo debido á vosa desinteresada axuda”, tal e como destacou a alcaldesa. As mulleres e homes que realizaron os cubrebocas dende as súas casas e a persoa que coordinaba a entrega do material para facelos e tamén os recollía para que posteriormente se distribuísen dende o Centro de Recursos Solidarios de Narón recibiron os parabéns das representantes do goberno local e tamén un agasallo institucional de recordo e en recoñecemento ao seu labor. “Grazas infinitas ás costureiras e costureiros da covid-19 polo voso traballo, esforzo, facer tan doado organizar cada pedido e entrega de material e por construír esta pequena gran familia porque estas accións son as que nos unen, porque sodes un exemplo de solidariedade e servizo á cidadanía”, asegurou García. Pola súa banda, a edil de Igualdade tamén valorou o traballo que realizaron e destacou a “solidariedade de todas e todos vós á hora de adicar moitas horas do voso tempo cada día a axudar aos demais”. A alcaldesa dirixiuse tamén a todas as persoas que acudiron á cita e incidiu no agradecemento ao seu labor. “É un orgullo presidir un Concello no que xente como vós desinteresadamente nos axudastes a colaborar nuns momentos de desconcerto nos que vivíamos ante unha situación na que afortunadamente nunca nos víramos”, apuntou. Así mesmo, agradeceu as doazóns de material realizado para facer estes cubrebocas e subliñou que “todas e todos vós formades parte da historia deste Concello, do seu presente e do seu futuro, e estivestes con creces á altura do que require unha situación tan complicada como a que vivimos nese momento e que pouco a pouco vai retornando á normalidade”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal