Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISIONAIS DE NOVA ADMISIÓN DE NENAS E NENOS NAS TRES ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISIONAIS DE NOVA ADMISIÓN DE NENAS E NENOS NAS TRES ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, anunciou que se establece un prazo de dez días hábiles, contados dende mañá, para presentar reclamacións no caso de consideralo oportuno
Narón, 3 de maio de 2020. O Concello publicou na páxina web municipal a listaxe provisional de admitidos nas tres escolas infantís municipais, que se pode consultar a través do enlace: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/escuelas_infantis/. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, indicou que dende hoxe se establece un prazo de dez días hábiles para que as persoas que o consideren poidan presentar reclamacións no Rexistro municipal.
As listaxes poden tamén consultarse chamando ao Servizo Sociocomunitario Municipal, ao teléfono 981 337 700 (extensións: 1108, 1109 e 1111) ou aos propios centros: A Solaina (647 472 047); Piñeiros (647 472 119 ou A Gándara (981 397 232), ao non poder acceder ás escolas infantís debido aos actuais protocolos de prevención da Covid-19.
En total, rexistráronse 114 peticións, das que obtiveron provisionalmente praza 101 nalgunha das escolas, tras realizarse a pertinente valoración. No que respecta aos menores nados este ano concedéronse 13 prazas, das que cinco son para as instalacións da Solaina, e das oito restantes catro para A Gándara e outras tantas para Piñeiros. Así mesmo, no caso dos menores de 1 a 2 anos, adxudicáronse provisionalmente 47 vacantes: 22 na escola infantil da Gándara; 13 na da Solaina e 12 en Piñeiros, quedando sen praza 13 menores e, por último, nos menores de 2 a 3 anos adxudicáronse 41 prazas: 15 na Gándara; 14 na Solaina e as 12 restantes en Piñeiros.
A concelleira de Ensino explicou que unha vez finalizado o prazo de presentación de reclamacións estudarase cada unha delas para proceder a elaborar as listaxes definitivas de menores admitidos nas Escolas Infantís Municipais. No momento en que se publiquen as listaxes definitivas establecerase o prazo de formalización das matrículas do curso 2021-2022.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
20
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal